A lingua cree das chairas (cuxo endónimo é: ; ou de maneira alternativa: "lingua das persoas das chairas") é unha variedade da lingua cree, da familia algonquina, a cal é a máis falada das linguas indíxenas canadenses. O cree das chairas considérase un dialecto da lingua cree-montagnais ou un dialecto da lingua cree distinto da lingua montagnais. O cree das chairas é un dos cinco principais dialectos do cree neste segundo sentido, xunto co cree dos bosques, cree dos pantanos, cree moose e o atikamekw. Aínda que non se favorece ningún dialecto único do cree sobre outro, o cree das chairas é o que máis se usa. Dos 116.500 falantes da lingua cree, a variedade de cree das chairas é falado por preto de 34.000 persoas principalmente en Saskatchewan e Alberta, mais tamén en Manitoba e Montana.
O número de persoas que poden falar unha lingua indíxena, como o cree das chairas, aumentou. Por exemplo, no censo de 2016, 263.840 persoas podían falar unha lingua indíxena o suficientemente ben como para manter unha conversación. Entre 1996 e 2016, o número total de persoas que sabían falar unha lingua indíxena aumentou un 8%. O número de falantes de cree das chairas aumentou de xeito semellante xunto co aumento da poboación nos últimos 20 anos.*Stats Canada O cree das chairas está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
miniatura|250px|O cartel de benvida da aldea de Oujé-Bougoumou, no Quebec escrito en inglés, francés e cree.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua cree
Categoría:Lingua cree Categoría:Linguas amerindias do Canadá