miniatura|250px|Masacre da raíña Anacaona e os seus súbditos, ilustración propagandista do século XVI deseñada por Theodor de Bry para o libro de Bartolomé de las Casas Brevísima relación de la destrucción de las Indias. miniatura|266px|Os cinco cacicados nos que estaba dividida a illa da Española no momento da chegada de Cristovo Colón. O territorio de Jaragua en marrón. O masacre de Jaragua de xullo de 1503 foi o asasinato de nativos taínos nunha aldea no territorio de Jaragua na illa da Española. Foi ordenado polo gobernador español de Santo Domingo, Nicolás de Ovando, e levado a cabo por Alonso de Ojeda durante unha celebración que se deu na vila de "Guava", preto da actual Léogâne en Haití, daquela territorio da cacique Anacaona.
Feitos dereita|miniatura|Representación do século XVIII de Ojeda. O cacicado de Jaragua estaba baixo o poder do cacique Bohechío. Despois da morte de Bohechío o territorio paso á súa irmá Anacaona. Ela mediaba entre os nativos de Jaragua e os casteláns. Tiña fama de ser unha administradora eficiente, unha muller fermosa e moi respectada. Naquela época, os casteláns tiñan alianza co cacique de Marién, Guacanagarix. Guacanagarix dixo aos españois que a tribo de Jaragua planeaba unha rebelión. Aínda que Anacaona sempre pagara o seu tributo, Ovando considerouna unha ameaza.
Segundo Bartolomé de las Casas, en 1503, Ovando aconsellou a Anacaona que visitaría a cidade de Jaragua cos seus homes para celebrar o progreso. Durante a celebración Ojeda e os seus homes volvéronse contra os nativos. Anacaona e outros nobres foron arrestados e acusados de conspiración e de tentar iniciar unha rebelión. Ovando fora a Jaragua con 300 homes e moitos nativos da tribo de Marien. En pleno festexo deuse un sinal preestablecido e os casteláns apoderáronse dos caciques e atacáronos. Así, morreron moitos dos indíxenas, entre eles 80 caciques foron queimados vivos e Anacaona foi aforcada.Floyd (1973), pp. 61–63. Las Casas recolle que entre os masacrados había nenos. Escribe que os casteláns cortaron as pernas aos rapaces mentres corrían, e que mesmo cando uns casteláns tentaban salvar un neno poñéndoo sobre os seus cabalos, viña outro e "perforaba o neno cunha lanza".Las Casas (1971), p. 99
Por mor do masacre, o rei Fernando V depuxo e chamou a Ovando a España en 1509. Ovando morreu dous anos máis tarde, o 29 de maio de 1511.
Segundo las Casas, algúns dos que escaparon da masacre fuxiron á illa de Guanabo, a oito leguas de distancia, pero máis tarde foron detidos e escravizados polos españois. Tamén sinala que unha destas persoas foille entregada como escrava.Las Casas (1971), p. 287
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xenocidio taíno Bibliografía
Categoría:Masacres en 1503 Categoría:Masacres no Caribe Categoría:Masacres cometidos por España Categoría:Masacres de indíxenas de América