Marta Gómez Martín, nada en Salcedo (Pontevedra) o 18 de xullo de 1997, é unha política galega que, dende 2021 até 2025, foi Secretaria Xeral de Galiza Nova.

Traxectoria Estudou Ciencias do Mar na Universidade de Vigo. Durante os seus anos universitarios foi responsable de zona de Pontevedra en Erguer.

Tras tempo simpatizando, comezou a militar con 18 anos en Galiza Nova na comarca Pontevedra-Caldas, da que colleu a Responsabilidade Comarcal, por primeira vez, en 2018.

Foi elixida secretaria xeral de Galiza Nova en 2021, substituíndo a Paulo Ríos Santomé no cargo. En decembro de 2023 foi reelixida no posto co 90% dos votos da Asemblea Nacional.

Obra

Obra colectiva

"Castelao", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.

Notas

Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Secretarios xerais de Galiza Nova Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega