Joaquim Arena, nado na Ilha de São Vicente (Cabo Verde) en 1964, é un escritor luso-caboverdiano en lingua portuguesa.

Traxectoria Fillo de pai portugués e nai caboverdiana, en 1970 a familia vai para Portugal. A comezos da década de 1990, despois de viaxar por Europa, volveu a Lisboa e licenciouse en Dereito e traballou como avogado, músico e xornalista. Dirixiu a revista África hoje de temática lusófona. En 1998 volveu para Cabo Verde, onde funda o diario O cidadão en Mindelo en 1998. Tamén foi conselleiro cultural da Alliance Française. Na cidade da Praia, organizou coloquios e palestras con figuras como Francisco Louçã, Rui Moreira, Clara Ferreira Alves, Pedro Mexia, Francisco José Viegas, José Jorge Letria e Olinda Beja.

Foi conselleiro cultural e de comunicación de 2017 ata 2021 do presidente de Cabo Verde Jorge Carlos Fonseca.

A verdade de Chindo Luz (2006) conta a historia dunha familia caboverdiana que se asenta nos barrios marxinais de Lisboa dos anos setenta do século XX.

Debaixo da Nossa Pele (2017) é un ensaio-reportaxe sobre os seus devanceiros, escravos e traballadores libres dos campos de arroz do Valedo Sado.

Siríaco e Mister Charles (2022) conta a historia de amizade, que decorre na illa de Santiago, en Cabo Verde, no final do século XVIII e inicio do XIX, entre o mozo naturalista Charles Darwin e Siríaco, um vello negro, ex-escravo, que sofre de vitiligo.

O Sabor da Água da Chuva e Outras Memórias da Amiga Perfeita (2023) retrata a evoluçión histórica de Cabo Verde e São Tomé e Príncipe,

O 11 de xuño de 2024 Modelo Burela organiza no Instituto Perdouro o II Día da Literatura Caboverdiana cunha lectura continuada da obra Siríaco e Mr. Charles, de Joaquim Arena. O escritor xa visitara Burela acompañando o presidente de Cabo Verde en abril de 2024.

Obras

A verdade de Chindo Luz (2006). Oficina do Livro. 246 páxs. ISBN 9789895551903. Novela. La verdad sobre Chindo Luz (2008). Tenerife: Baile del Sol. 214 páxs. ISBN 9788496687929. Para Onde Voam as Tartarugas (2010). Caminho. 376 páxs. ISBN 978-9722121132. Novela. Debaixo da Nossa Pele. Uma viagem (2017). Imprensa Nacional Casa da Moeda. ISBN 978-9722725842. En 2022 o libro foi escollido pola DGLAB, Ministério da Cultura e a Embaixada de Portugal en Pequín, para ser traducido e publicado na China. Under Our Skin, a Voyage (2023). Unnamed Press (Los Angeles- USA). Foi elixido pola revista online Words Without Borders, como un dos mellores libros traducidos publicados nos Estados Unidos no ano de 2023. Siríaco e Mister Charles (2022). Quetzal Editores. 272 páxs. ISBN 9789897228261. Novela. Está prevista a publicación no Brasil en 2024 e e en 2025 en Italia e Serbia. O Sabor da Água da Chuva e Outras Memórias da Amiga Perfeita (2023). 329 páxs. Imprensa Nacional Casa da Moeda. ISBN 978-972-27-3125-6. Novela.

Premios

Premio Arnaldo França 2022 por O Sabor da Água da Chuva e Outras Memórias da Amiga Perfeita. Premio Océanos de Literatura 2023, Categoría de Prosa, por Siríaco e Mister Charles (2022).

Notas

Categoría:Nados en Cabo Verde Categoría:Nados en 1964 Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Xornalistas de Portugal