Antonio Fernández Gómez, nado en Goián (Tomiño) o 16 de febreiro de 1882 e finado en Goián o 20 de novembro de 1970, foi un pintor galego.

Traxectoria Formouse no Brasil, a onde emigrou con doce anos, e alí recibiu leccións do fotógrafo e pintor de orixe alemá Karl Ernst Papf. En 1901 viaxou a Nápoles, a Roma, e a Anticoli Corrado. En 1903 volveu a Galicia e de aí a Madrid, onde se dedicou a copiar aos mestres do Museo do Prado. Marchou de novo a Brasil. En 1929 regresou a Goián, colaborando como escritor e autor de portadas en Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo, El Agro de Tomiño, Vida Gallega, El Pueblo Gallego e Blanco y Negro. Na guerra civil saíu varias veces do país e viviu varias vicisitudes.Enciclopedia Galega Universal, t. 9, pp. 87-88.

No libro El mundo visto a los ochenta años do premio Nobel Santiago Ramón y Cajal, di sobre Antonio Fernández que son de encomiar por belleza y fidelidad a la honrrada pintura tradicional, los paisajes de Fernández Gómez.

Membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, hai obra súa en case tódalas pinacotecas de Galicia, incluíndo o Museo Provincial de Lugo,Álbum: Antonio Fernández (Obra no MPLugo) o Museo Quiñones de León/Pinacoteca Francisco Fernández del Riego,Anticoli, 1923, óleo/lenzo, 98x93 cm a Colección AfundaciónAntonio Fernández Gómez na Colección Afundación. e a colección da Fundación María José Jove.Antonio Fernández Gómez na Fundación María José Jove .

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía et al. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

Ligazóns externas Páxina web oficial Ficha en Galegos.info Bibliografía de Antonio Fernández Gómez en pintoresgallegos.com

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Tomiño Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega