Brother Bear 2 é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Ben Gluck e é a secuela de Brother Bear. Estreouse o 29 de maio de 2006. Melissa Etheridge contribuíu con tres cancións ao filme. A historia continúa as aventuras dos irmáns osos Kenai e Koda. Mentres que o primeiro filme trataba da relación de Kenai con Koda, este céntrase máis no seu vínculo cunha moza humana do seu pasado, Nita.

Só cinco dos personaxes orixinais regresan para a secuela (excluíndo Denahi): Kenai, Koda, Rutt, Tuke e Tug, xa que Jason Raize morreu o 3 de febreiro de 2004. Só catro deses actores repetiron os seus papeis orixinais: Jeremy Suarez, Rick Moranis, Dave Thomas e Michael Clarke Duncan. Jason Marsden, que participou no primeiro tráiler, anunciouse orixinalmente para darlle voz a Kenai, mais finalmente foi Patrick Dempsey quen fixo a voz do personaxe. Porén, os créditos finais aínda sinalan a Marsden como unha das voces adicionais.'Brother Bear' DVD Press Release". Walt Disney Home Entertainment. 26 de maio de 2006. Consultado o 27 de maio de 2006

Personaxes

Patrick Dempsey como Kenai Jack Weber como Kenai de neno Jeremy Suarez como Koda Mandy Moore como Nita Michaela Jill Murphy como Nita de nena Rick Moranis como Rutt Dave Thomas como Tuke Michael Clarke Duncan como Tug Andrea Martin como Anda Jeff Bennett como Atka Catherine O'Hara como Kata Wanda Sykes como Innoko Wendie Malick como Siqiniq Kathy Najimy como Taqqiq Tress MacNeille como Hoonah Jim Cummings como Bering e Chilkoot

Produción O filme foi producido por DisneyToon Studios, Disney Animation Australia e Project Firefly, unha empresa de animación fundada por antigos empregados de Disney Feature Animation Florida.

Notas

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América