O C.R.D.A. CANT Z.506 Airone (garza real) foi un hidroavión trimotor italiano producido por CANT a partir de 1935. Serviu como avión de transporte e de correos para a aeroliña Ala Littoria. Estableceu 10 récords mundiais en 1936 e outros 10 en 1937.Angelucci e Matricardi 1978, p. 194 Durante a segunda guerra mundial foi usado como bombardeiro, avión de recoñecemento e avión de rescate no mar polas Regia Aeronautica e Regia Marina italianas, a Aeronáutica Cobelixerante do Sur, a Aeronáutica Nacional Republicana e a Luftwaffe. A súa produción iniciouse en 1935 e contruíronse 356 exemplares, 314 Z.506B e 40 Z.506C. A versión militar revelou ser un dos mellores hidroavións construídos. A pesar da súa estrutura de madeira era capaz de operar en mares moi axitados.Gunston 1984 p. 216 Varios Z.506S de rescate no mar permaneceron en servizo ata o ano 1959.Mondey 1996 pp. 21-32

Notas

Véxase tamén Bibliografía Angelucci, Enzo and Paolo Matricardi. World Aircraft: World War II, Volume I (Sampson Low Guides). Maidenhead, UK: Sampson Low, 1978. . Gunston, Bill. Gli aerei della seconda guerra mondiale . Milán, Alberto Peruzzo Editore, 1984. Mondey, David. The Hamlyn Concise Guide to Axis Aircraft of World War II. Londres: Bounty Books, 2006. .

Categoría:Bombardeiros italianos da segunda guerra mundial Categoría:Aeronaves de CANT Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1935