Naiara Moreno Aznar, nada en Zaragoza o 29 de abril de 1997, coñecida simplemente como Naiara, é unha cantante española. Foi gañadora de Operación Triunfo 2023.
Traxectoria Naceu en Zaragoza o 29 de abril de 1997. É a máis vella de 6 irmáns. Naiara foi cantante da orquestra aragonesa Nueva Alaska, até o seu paso por Operación Triunfo 2023.
Carreira artística Naiara participou en "Cántame una canción", concurso que se emitiu en 2010. A súa carreira profesional na música comezou como cantante da orquestra Nueva Alaska, actúa por diferentes municipios e cidades de España, especialmente en Aragón.
O 6 de xullo de 2023, Naiara presentouse ao casting de Operación Triunfo en Zaragoza. A cantante foi seleccionada, conseguindo pasar as diferentes fases até chegar ao casting final (que tivo lugar a principios de outubro de 2023 en Barcelona) e á Gala 0, onde actuou por primeira vez en Operación Triunfo o 20 de novembro de 2023, coa canción «Me muero» de La Quinta Estación. No seu paso polo programa, logrou ser e favorita do público de Operación Triunfo en tres ocasións, e logrou un éxito especial en Zaragoza, xunto a Juanjo Bona, cantando xotas durante o seu paso, e dando visibilidade a Aragón.
O 5 de febreiro de 2024, Naiara converteuse en finalista de Operación Triunfo grazas á puntuación outorgada polos membros do xurado, e o 19 de febreiro foi proclamada gañadora facéndose cos 100.000€ do premio coa canción «Sobreviviré» de Mónica Naranjo e un 49% dos votos, o máximo na historia de Operación Triunfo.
Naiara lanzou o seu sinxelo "ENLOKIÁ" de forma exclusiva en Amazon Music e estivo dispoñible en todas plataformas desde o venres 19 de abril de 2024, xunto co videoclip. Trátase dun tema urbano con tinguiduras electrónicas.
Discografía Laéne, 2023 (EP) Operación Triunfo (2023 / 2024) Gala 0 - Me muero Gala 1 - Para No Verte Más (ft. Alvaro Mayo) Gala 2 - Se Fue (ft. Salma, Omar Samba) Gala 3 - Tómame o Déjame Gala 4 - Salvaje (ft. Ruslana) Gala 5 - Corazón Hambriento (ft. Lucas Curotto) Gala 6 - El Frasante (ft. CrisB) Gala 7 - Sweet But Psycho (ft. Bea Fernández) Gala 8 - La Gata Bajo La Lluvia Gala 9 - La Cigarra (ft Juanjo Bona) Gala 10 - Despechá Gala 11 - Let's Get Loud Gala 12 - Sobreviviré Enlokiá, 2024 (sencillo)
Televisión AnoTítuloCanleNotas2010Cántame una canciónTelecincoConcursante2023 – 2024Operación Triunfo 2023Prime VídeoConcursante (Gañadora)2024La resistenciaMovistar Plus+InvitadaMartínez y hermanosCuatro
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1997 Categoría:Concursantes de Operación Triunfo Categoría:Gañadores de Operación Triunfo Categoría:Cantantes de Aragón