Desakato foi un grupo de punk rock procedente de Llanera, en Asturias, que, a pesar de cantar xeralmente en castelán, en todos os seus discos inclúen, polo menos, un tema en asturiano.

O grupo comeza a súa andaina en 2003 na Escuela Municipal de Música de Llanera (Asturies), coa unión dos irmáns Pablo e Pepo, despois de pasar por outros grupos da zona. Un ano despois gravan a súa primeira maqueta (Agujero Social) e en 2005 publican a súa segunda maqueta (Gritando en silencio).

En 2008, gravan o seu primeiro disco (Con el viento en la cara), nos estudos La Viesta de Avilés; ó que seguirán varios máis, presentados en festivais, salas e recintos de toda a península.

En novembro de 2022, anuncian a súa retirada cunha xira de despedida para ano seguinte. A xira El año que vivimos intensamente conclúe finalmente o 11 de novembro de 2023, enchendo o WiZink Center de Madrid.

O grupo defendeu sempre a plena oficialidade da lingua asturiana.

Compoñentes Pablo (guitarra e vocalista principal) Gabri (guitarra) Pepo (vocalista principal) Falu (trompeta e harmónica) Mario (baixo)

Outros membros: Nano (membranófono e vocalista) Dani (gaita e técnico de son)

Discografía Agujero social (maqueta, 2004) Gritando en silencio (maqueta, 2005) Con el viento de cara (2008) Miseria, sangre y plomo (2010) Inercia (2012) Buen viaje (2014) La teoría del fuego (2016) Antártida (EP, 2018) La miel de las flores muertas (2020)

Documental Desakato: Pacto de sangre (2016)

Notas

Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de Asturias Categoría:Grupos musicais formados en 2003 Categoría:Grupos musicais separados en 2023