O protocéltico ou protocelta, tamén chamado celta común, é o suposto devanceiro de todas as linguas celtas coñecidas. Falado probabelmente por volta de -800, o seu léxico pode ser seguramente reconstruído coa axuda do método comparativo da lingüística histórica. O protocelta é unha lingua descendente directa do protoindoeuropeo e é amplamente considerada como a primeira das linguas indoeuropeas en se espallar na Europa noroccidental e atlántica. A área onde a lingua parece que se tornou primeiro perceptibelmente en protocelta, en oposición ao dialecto centum anterior, corresponde á cultura de Hallstatt, nas extremidades occidentais do Urnfield.

A partir de aproximadamente 800, esa cultura por influencia de elementos traco-cimerios introduciu a Idade de ferro en Europa. Os contemporáneos cimerios son de maneira diversa indicados como os devanceiros dos cimbros, dos francos sicambres e de Cymru, a pesar doutras etimoloxías explicaren mellor o último termo.

A reconstrución do protocelta está actualmente sendo feita. O céltico continental presenta moitas evidencias fonolóxicas e algunhas morfolóxicas, e o material catalogado é aínda moi escaso para permitir unha reconstrución segura da sintaxe. Malia algunhas frases completas estaren escritas en galo e celtibero, a literatura celta substancialmente mais antiga é encontrada no irlandés antigo, a máis antiga lingua céltica insular rexistrada.

Reconstrución fonolóxica

Consoantes

As mudanzas fonolóxicas das consoantes do PIE ao protocelta poden ser resumidas como segue. (Un asterisco [*] antes dunha letra ou palabra designa que o fonema ou lexema non esta testemuñado e é hipotético, unha forma reconstruída).

PIEProtocélticoExemplo *p *φ *ph₂tēr > *φatīr 'pai' *t *t *treyes > *trīs 'tres' *k, ḱ *k *kan- > *kan- 'cantar'*ḱm̥tom > *kantom 'cen' *kʷ *kʷ *kʷetwr̥ > *kʷetwar 'catro' *b *b *dʰub-no- > *dubno- 'profundo' *d *d *derk- > *derk- 'ver' *g, ǵ *g *gli- > *gli- 'pegar'*ǵenu- > *genu- 'mandíbula' *gʷ *b *gʷen- > *ben- 'muller' *bʰ *b *bʰer- > *ber- 'levar' *dʰ *d *dʰeh₁- > *dī- 'sugar' *gʰ, ǵʰ *g *gʰabʰ- > *gab- 'entrada'*ǵʰelH-ro- > *galaro- 'doenza' *gʷʰ *gʷ *gʷʰn̥- > *gʷan- 'matar, ferir' *s *s *seno- > *seno- 'vello' *m *m *meh₂tēr > *mātīr 'nai' *n *n *nepōt- > *neφūt- 'sobriño' *l *l *ligʰ- > *lig- 'lamber' *r *r *rēǵ-s > *rīgs 'rei' *y *y *yuwn̥ko- > *yuwanko- 'xove' *w *w *wlati- > *wlati- 'dominio, goberno'

En contraste coa lingua da cal se orixinou, o protocelta non usaba a aspiración como característica para diferenciar os fonemas. Así pois, as consoantes sonoras aspiradas do protoindoeuropeo *bʰ, *dʰ, *gʰ/ǵʰ fundíronse con *b, *d, *g/ǵ. A consoante aspirada labiovelar *gʷʰ non se fundiu con *gʷ, malia *gʷ terse tornado *b no protocelta, mentres que a aspirada *gʷʰ se tornou *gʷ. Así, mentres o PIE *gʷen- 'muller' se transformou en ben no irlandés antigo e en benyw no galés, o PIE *gʷʰn̥- 'matar, ferir' é a orixe do irlandés antigo gonaid e do galés gwanu.

O *p protoindoeuropeo perdeuse no protocelta, aparentemente atravesando os estadios *φ (como na táboa superior) e *h (talvez confirmado pelo topónimo Hercynia, se este for de orixe céltica) antes de desaparecer completamente no inicio das palabras e entre vogais. Ao lado de consoantes, o *φ protocelta experimentou diferentes mudanzas: os grupos consonánticos *φs e *φt transformáronse en *xs e *xt respectivamente no protocelta. O *sp- PIE tornouse o s irlandés antigo e o britónico f; mentres Schrijver (1995, 348) argumenta que había un estadio intermedio *sφ- (onde *φ permaneceu como un fonema independente até despois de que o celta protoinsular se dividise no goidélico e no britónico), McCone (1996, 44–45) acha mais económico pensar que *sp- permaneceu inmutábel no protocelta, isto é, a mudanza *p > *φ non acontece cando vai precedido por *s. (De xeito parecido, a lei de Grimm non se aplica a *p, t, k tras *s nas linguas protoxermánicas).

{|class="wikitable" ! Protocéltico ! Irlandés antigo ! Galés |- | *laφs- > *laxs- 'brillo' | las-aid| llach-ar|- | *seφtam > *sextam 'sete' | secht| saith|- | *sφeret- ou *speret- 'calcañar' | seir| ffêr|}

En galo e nas linguas britónicas, un novo son *p apareceu como reflexo do fonema protoindoeuropeo *kʷ. Consecuentemente uns xulgan o galo petuar[ios] e o galés pedwar 'catro', comparábeis ao irlandés antigo *cethair e ao latín quattuor. Até que este novo /p/ encha o espazo no conxunto de fonemas que fora deixado baleiro pola desaparición do equivalente no PIE, nós podemos pensar nunha mudanza en cadea.

Os termos celta P e celta Q son útiles cando se desexa agrupar as linguas célticas de acordo co camiño que tomaron con respecto a este fonema. Porén unha simple división en céltico P e Q pode non ser ríxida, e non facer xustiza ás evidencias das linguas célticas continentais antigas. O gran número de raras innovacións comúns entre as linguas célticas insulares son moitas veces presentadas como evidencia en oposición á división céltico P versus céltico Q, pero poden en vez diso reflectir unha influencia do substrato común a partir de linguas precélticas das Illas Británicas, e neste caso serían irrelevantes á clasificación das linguas célticas.

As linguas celtas Q poden tamén ter /p/ nas palabras estranxeiras incorporadas, a pesar de que nalgúns préstamos do galés ao irlandés o /k/ foi usado para substituír o son, como no gaélico Cothrige, unha forma antiga de "Padraig". O gaélico póg, 'bico', foi un préstamo posterior (da segunda palabra da frase latina osculum pacis, 'bico de paz') nun estadio onde o p foi tomado prestado directamente como p, sen a substitución por c.

Vogais

O sistema vocálico protocéltico é moi parecido ao reconstruído para o protoindoeuropeo por Antoine Meillet. As diferenzas inclúen a incidencia do celta *ī no lugar do PIE *ē (por exemplo, o galo rix e o irlandés rí, 'rei'; comparado ao latín rēx) e *ā no canto de *ō.

PIE Protocéltico Exemplo *a, h₂e *a *h₂ebon- > *abon- 'río' *ā, *eh₂ *ā *bʰreh₂tēr > *brātīr 'irmán' *e, h₁e *e *seno- > *seno- 'vello' *"ə" (calquera H laringal entre consoantes) *a *ph₂tēr > *ɸatīr 'pai' *ē, eh₁ *ī *wērh₁o- > *wīro- 'verdade' *o, Ho, h₃e *o *rotos > *rotos 'roda' *ō, eh₃ na sílaba final, *ū *nepōt- > *neɸūt- 'sobriño' en calquera outro lugar, *ā *deh₃no- > *dāno- 'presente' *i *i *gʷitu- > *bitu- 'mundo' *ī, iH *ī *rīmeh₂ > *rīmā 'número' *ai, h₂ei, eh₂i *ai *kaikos > *kaikos 'cego'*seh₂itlo- > *saitlo- 'idade' *(h₁)ei, ēi, eh₁i *ē *deiwos > *dēwos 'deus' *oi, ōi, h₃ei, eh₃i *oi *oinos > *oinos 'un' *u antes de wa, o *yuwn̥kos > *yowankos 'xove' en calquera outro lugar, *u *srutos > *srutos 'corrente' *ū, uH *ū *ruHneh₂ > *rūnā 'misterio' *au, h₂eu, eh₂u *au *tausos > *tausos 'silencio' *(h₁)eu, ēu, eh₁u;*ou, ōu, h₃eu, eh₃u *ou *teuteh₂ > *toutā 'pobo'*gʷōu- > *bou- *l̥ antes de oclusivas, *li *pl̥th₂nos > *ɸlitanos 'lonxe' antes doutras consoantes, *al *kl̥yākos > *kalyākos 'galo' *r̥ antes de oclusivas, *ri *bʰr̥ti- > *briti- 'acción de comportamento; mente' antes doutras consoantes, *ar *mr̥wos > *marwos 'morto' *m̥ *am *dm̥-na- > *damna- 'dominar, someter, subxugar' *n̥ *an *dn̥t- > *dant- 'dente' *l̥H antes de oclusivas, *la *wl̥Hti- > *wlati- 'nobreza' antes de sonoras, *lā *pl̥Hmeh₂ > *ɸlāmā 'man' *r̥H antes de oclusivas, *ra *mr̥Htom > *mratom 'traizón' antes de sonoras, *rā *ǵr̥Hnom > **grānom 'gran' *m̥H *am/mā(presumibelmente coa mesma distribución de antes) (?) *n̥H *an ou *nā(presumibelmente coa mesma distribución de antes) probabelmente *gn̥h₃to- > *gnato- 'intelixente'

A vogal *ə é o chamado "schwa indoxermánico", agora interpretada como unha vogal laringal entre dúas consoantes.

Transición ao galés e ao córnico

As mudanzas fonéticas regulares consonánticas do protocelta ao galés e ao córnico poden ser resumidas na táboa seguinte. Onde os grafemas galeses e córnicos teñen un valor diferente dos símbolos correspondentes do AFI, o valor equivalente do AFI é indicado entre barras. V representa unha vogal; C representa unha consoante.

Consoante protocéltica Consoante britónica tardíaConsoante galesaConsoante córnica *b- *b b b *-bb- *-b- b b *-VbV- *v/b? f /v/ v *d- *d d d *-dd- *-d- d d *-VdV- *-d-? -ð- dd /ð/ d *g- *g- g g *-gg- *-g- g g *-VgV- *-VjV- (pérdese) (pérdese) *h- (pérdese) (pérdese) (pérdese) *-h- (pérdese) (pérdese) (pérdese) *j- *i- i i *-j *-ð -dd /ð/ -dh /ð/ *k- *c- c /k/ k *-kk- *-cc- ch /x/ gh /h/ *-VkV- *-c-? -g-? g g *kʷ- *p- p p *-kʷ- *-b- b b *l- *l- ll /ɬ/ l *-ll- *-l- l l *-VlV- *-l- l l *m- *m- m m *-mb- *m? mb? m m *-Cm- *m m m *-m- *v? m? f /v/ v *n- *n- n n *-n- *-n- n n *-nd- *n / nn n, nn n, nn *-nt- *nt / nh nt, nh n, nn *r- *r- rh /r̥/ r *-r- *-r- r r *s- *h-, s h, s h *-s- *-s- s s *t *t t t *-t- *-d-? -t-? d dh /ð/ *-tt-, *-ct- *th? *tt? th /θ/ th /θ/ *w- *v- gw gw *sw- *hw- chw /xw/ hw *VwV *w dd /ð/ dh /ð/ vogal final Vh Vch V/x/ Vgh V/h/

Morfoloxía Substantivos A morfoloxía (estrutura) dos substantivos e adxectivos non mostra demasiadas mudanzas da lingua da que se orixinou. crese que o protocéltico tivo substantivos que tiñan tres xéneros, tres números e entre cinco e oito casos. Os xéneros eran masculino, feminino e neutro. Os números eran singular, plural e dual. O número dos casos é algo obxecto de disputa Pedersen, Holger (1913). Vergleichende Grammatik der keltischen Sprachen, 2. Band, Bedeutungslehre (Wortlehre), Göttingen: Vandenhoeck & Ruprecht. ISBN 3-525-26119-5: mentres que o irlandés antigo só ten cinco, a evidencia do céltico continental considérase que nos leva a un sistema de máis casos, agás os que pensan en conservación de arcaísmos ou en nivelación analóxica. Os casos eran nominativo, vocativo, acusativo, dativo, xenitivo, ablativo, locativo e instrumental.

Os substantivos divídense en aproximadamente nove declinacións, dependendo da raíz. Hai temas en *o, en *ā, en *i, en *u, en dental, en velar, en nasal, en *r e en *s.

Substantivos de tema en *o wiros ‘home’ (masculino)

número nominativo vocativo acusativo xenitivo dativo ablativo instrumental locativo singular *wiros *wire *wirom *wiri *wirūi *wirū *wirū *wirei dual *wirou *wirou *wirou *wirūs *wirobom *wirobim *wirobim *wirou plural *wiroi *wirūs *wirūs *wirom *wirobo *wirobi *wirūs *wirobi

dūnom ‘fortaleza’ (neutro) número nominativo vocativo acusativo xenitivo dativo ablativo instrumental locativo singular *dūnom *dūnom *dūnom *dūni *dūnūi *dūnū *dūnū *dūnei dual *dūnou *dūnou *dūnou *dūnūs *dūnobom *dūnobim *dūnobim *dūnou plural *dūnā *dūnā *dūnā *dūnom *dūnobo *dūnobi *dūnūs *dūnobi

Substantivos de tema en *ā

E.g. *alisā ‘ameneiro’ (feminino?)

número nominativo vocativo acusativo xenitivo dativo ablativo instrumental locativo singular *alisā *alisa *alisām *alisās *alisāi *alisī *alisī *alisāi dual *alisai *alisai *alisai *alisajous *alisābom *alisābim *alisābim *alisābim plural *alisās *alisās *alisās *alisānom *alisābo *alisābi *alisābi *alisābi

E.g. *kumbās ‘Circo glaciar’ (masculino)

número nominativo vocativo acusativo xenitivo dativo ablativo instrumental locativo singular *kumbās *kumba *kumbām *kumbās *kumbāi *kumbī *kumbī *kumbāi dual *kumbai *kumbai *kumbai *kumbajous *kumbābom *kumbābim *kumbābim *kumbābim plural *kumbās *kumbās *kumbās *kumbānom *kumbābo *kumbābi *kumbābi *kumbābi

Substantivos de tema en *u E.g. *matus ‘oso’ (masculino)

número nominativo vocativo acusativo xenitivo dativo ablativo instrumental locativo singular *matus *matu *matum *matous *matou *matū *matū *matū dual *matou *matou *matou *matowou *matoubom *matoubim *matoubim *matoubim plural *matowes *matowes *matūs *matujom *matoubo *matoubi *matoubi *matoubi

E.g. *dānu ‘val, río’ (neutro?)

número nominativo vocativo acusativo xenitivo dativo ablativo instrumental locativo singular *dānu *dānu *dānu *dānous *dānou *dānū *dānū *dānū dual *dānou *dānou *dānou *dānowou *dānoubom *dānoubim *dānoubim *dānoubim plural *dānwā *dānwā *dānwā *dānujom *dānoubo *dānoubi *dānoubi *dānoubi

Substantivos de tema en *i