Antonio Basilio Sayanes González, nado en Vilagarcía de Arousa en xuño de 1903 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria Instalado en Sárdoma. Militante da CNT, directivo do Sindicato de Industria Pesqueira de Bouzas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse na casa da súa sogra na Pobra do Caramiñal pero despois tivo que volver a Vigo. Desde alí fuxiu a pé a Vilagarcía de Arousa para reunirse co seu amigo Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre. Foi procesado por sedición a bodo do vapor de pesca "Baltasar Pujales Valverde" e reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 25 de setembro de 1936.El Pueblo Gallego, 26-9-1936, p. 3. Integrouse no grupo organizado por Rodrigo Beruete cos fuxidos Ángel Buceta Loroño Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se incorporou con Urbano Tarrío Montero, Juan Gil Quintela, Manuel Limeres Ordóñez, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda Civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenden lume ao edificio e morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.A ciencia ao rescate da memoria dos 18 asasinados na foxa de Vilagarcía"La huella impusible de boorrar", La Voz de Galicia, Arousa, 4-7-2003, L5.Un intercambio de disparos que finalizó con el incendio de la casa Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Quema de un escondite republicano Contra o esquecemento: Ángel Buceta Loroño e Francisco Baamonde García.

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1937