Gonzalo Alejandro Crettaz Ortega, nado en Buenos Aires o 28 de febreiro de 2000, é un futbolista arxentino que xoga como porteiro no Castellón da Primeira División RFEF.

Traxectoria Nacido en Buenos Aires, formouse como futbolista en España, nas canteiras do Levante e do Málaga. O 25 de agosto de 2019 debutou co Atlético Malagueño na Terceira División nun partido contra o Alhaurín de la Torre.

O 16 de novembro de 2019, a baixa de Munir no primeiro equipo propiciou o seu debut na Segunda División, nunha derrota por 0-1 ante o Alcorcón. Para a tempada 2021/22 saíu cedido ao Badajoz, da Primeira División RFEF.

En 2022 desvencellouse do Málaga e fichou pola UD Logroñés, onde xogou durante unha campaña. No verán de 2023 fichou polo Castellón, tamén da Primeira División RFEF. Titular no equipo orellut durante case toda a tempada, proclamouse campión do Grupo 2, conseguindo así o ascenso á Segunda División.

Palmarés Castellón Primeira División RFEF (1): 2023/24.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores do CD Castellón