Fatou Bom Bensouda, nada como Nyang en Banjul o 31 de xaneiro de 1961, é unha avogada gambiana e antiga fiscal da Corte Penal Internacional, que exerceu como Alto Comisionado de Gambia para o Reino Unido dende o 3 de agosto de 2022.

Foi fiscal de xuño de 2012 a xuño de 2021, despois de ter exercido como fiscal adxunta a cargo da División de Acusacións da Corte Penal Internacional de 2004 a 2012. Antes foi ministra de Xustiza e fiscal xeral de Gambia de 1998 a 2000. Tamén ocupou cargos como asesora xurídica e avogada no Tribunal Penal Internacional para Ruanda (ICTR).Farouk Chothia, "Africa's Fatou Bensouda is new ICC chief prosecutor", BBC News, 12 de decembro de 2011.

O 2 de setembro de 2020, Bensouda foi nomeada "nacional especialmente designada" polo goberno dos Estados Unidos baixo a administración Donald Trump, prohibindo a todas as persoas e empresas estadounidenses facer negocios con ela. O 2 de abril de 2021, o goberno de Joe Biden revogou o EO 13928, eliminando a Bensouda da lista SDN; o secretario de estado dos Estados Unidos, Antony Blinken, emitiu un comunicado na que cualificou as sancións anteriores de "inapropiadas e ineficaces". pero aínda así reiterou que Washington seguirá opoñéndose firmemente a calquera acción da Corte Penal Internacional relacionada coas situacións de Afganistán e Palestina.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas ICC profile Fatou BENSOUDA profile Election of the Prosecutor of the International Criminal Court

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Banjul Categoría:Avogados de Gambia Categoría:BBC 100 Mulleres