Antón Niñe Fernández, nado en Barreiros o 14 de febreiro de 1958, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Pasou a súa etapa escolar no Colexio Martínez Otero de Foz, e posteriormente estudou Teoloxía. Traballou durante 9 anos nunha empresa privada das Pontes, e estivo vencellado ás actividades extraescolares do seu colexio, e ás da parroquia de Santiago de Foz, da que foi catequista e secretario do Consello Parroquial.
En setembro de 1992, comezou a súa etapa de profesor de Relixión Católica no Instituto de Formación Profesional de Burela (actual IES Perdouro). En decembro de 1993 constituíuse a Asociación Cultural Os Matos para "fomentar un clima cultural propicio para o desenvolvemento de actividades que completen as funcións académicas"; Antón Niñe foi o seu presidente ata a súa xubilación. En 1997 publicou un libro repasando a historia do asilo Nosa Señora do Carme de Foz, desde a súa construción levando pedras de canteiras próximas ao río Centiño ata a súa relación co pobo e co párroco de Burela. En 1998, coescribiu con varias alumnas o libro IES Perdouro, 20 anos de vida, que repasa a historia do centro.
En decembro de 2012, despois dunha investigación de 12 anos sobre as orixes da Escola Infantil Nosa Señora da Purificación de Foz, plasmou o seu traballo no libro Fondós, de escola a gardería infantil; nesta obra, remontouse ás orixes do edificio, construído en 1749 por Pascual Villapol, focense emigrado ao Perú.
No libro Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz (2018) empregou como fonte as anotacións do seu pai, que fora patrón do cargueiro entre 1950 e 1965.
O seu seguinte libro tratou sobre a obra do escultor Xosé Rivas e os seus descendentes. Entre os seus traballos (principalmente relixiosos) destaca a Virxe do Carme de Foz, e hai moitas outras esculturas repartidas pola comarca (Viveiro, Burela, Celeiro, Landrove...), fóra de Galicia (como as imaxes da Semana Santa de Daimiel, Cidade Real) e mesmo por todo o mundo (Buenos Aires, Sao Paulo ou Filadelfia).
Compaxinando o seu labor como escritor, realizou diversos actos culturais por varios puntos da Comarca da Mariña, e fixo o pregón das Festas co Carme de Foz.
Obra Libros
Traballos de investigación Publicados na revista da A.C. Os Matos: ‘Refráns mariñeiros’ ‘Medallistas olímpicos galegos do século XX’ ‘O románico no Norte de Lugo’ ‘O gótico no Norte de Lugo’ ‘Illas e illotes da costa luguesa’ ‘Faros e balizas da costa luguesa’.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Nados en 1958 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega