Francisco Regueiro, nado en Valladolid o 2 de agosto de 1934, é un director de cine e guionista español.

Traxectoria Inicialmente foi profesor de dereito mercantil e colaborador de El Norte de Castilla. En 1955 trasladouse a Madrid, onde se matriculou na Facultade de Xornalismo e traballou na Codorniz, onde coñeceu a Miguel Gila, pero en 1957 marchou para ingresar na Escola Oficial de Cine (EOC), onde se licenciou en 1962. En 1961 gañou o Premio Sésamo de literatura con Las muchachas de los cabellos de lino.

Xunto a Gonzalo Suárez, Mario Camus e Carlos Saura, está considerado un dos membros destacados do "Novo cinema español".Francisco Regueiro a espanacultura.es En 1963 dirixiu a súa primeira película, El buen amor, coa que participou no XVI Festival Internacional de Cine de Cannes e impresionou a Luis Buñuel. A súa segunda película, Amador, tivo bastantes problemas coa censura. Non volveu rodar até 1967, Si volvemos a vernos, que recibiu as Medallas do Círculo de Escritores de Cine á mellor música, fotografía e decorados. En 1972 roda Carta de amor de un asesino producida por Elías Querejeta, que nunca se estreou comercialmente. En 1975 acadou o éxito con Duerme, duerme, mi amor e Las bodas de Blanca. Despois pasou do cine á televisión, rodando en 1972 o episodio Cuento de la niña que se convirtió en una rata da serie Cuentos y leyendas, e en 1983 o episodio La viuda valenciana da serie Las pícaras. Regresou ao cine en 1985, rodando Padre nuestro, considerada a súa película máis completa. En 1988 roda Diario de invierno e en 1993 Madregilda, sen ter dirixido ningún outro filme desde entón.Francisco Regueiro a mcnbiografias En 2016 recibiu a Espiga de honra da Semana Internacional de Cine de Valladolid.

Filmografía como director

Madregilda (1993) Diario de invierno (1988) Padre nuestro (1985) Las bodas de Blanca (1975) Duerme, duerme, mi amor (1975) Carta de amor de un asesino (1972) Me enveneno de azules (1969) Si volvemos a vernos (1968) Amador (1964) El buen amor (1963) Sor Angélica Virgen (1962) -curtametraxe da E.O.C.

Notas

Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1934