Kwena Bellemare-Boivin é unha actriz indíxena canadense. Pola súa actuación no filme Avant les rues de 2016 conseguiu un nomeamento nos Canadian Screen Awards como mellor actriz secundaria. É membro do pobo atikamekw de Wemotaci, no Quebec, e é a irmá de Rykko Bellemare, que interpretou o papel principal do filme. Tamén canta e baila co grupo de música tradicional Atikamekw Northern Voice, e apareceu nas series de televisión Brigade des Nations e Le rythme da APTN.
Notas
Categoría:Actores do Canadá Categoría:Pobo atikamekw Categoría:Actores nativos americanos