Enrique Nicanor González, nado en Sas de Penelas (O Castro de Caldelas) o 5 de decembro de 1944 e finado en Madrid o 8 de xullo de 2025, foi un produtor, director, escritor e debuxante galego de cine e televisión, coñecido polo seu traballo como director de La 2, e a creación de Caponata e Perezgil, os bonecos da versión española de Barrio Sésamo. Comezou como deseñador e director de cine de animación en Cuba (1959). Asentado en París (1965) e España (desde 1967) foi membro do consello e presidente de INPUT-TV, a Conferencia Internacional de Televisión Pública e profesor de cine na EAVE, do obradoiro de Produtores europeos e a Rede de Educación da Comisión Europea. Foi produtor independente dende 1988. Aínda que marchou de Galiza sendo un rapaz, o país estivo presente na súa obra, tendo rodado diversos programas en numerosas vilas e cidades galegas desde a década de 1960. En 2005 recibiu a Medalla de Ouro da Academia Galega do Audiovisual pola súa traxectoria. Dous anos despois dirixiu o laboratorio de guión Guionlab en Santiago de Compostela,Dirixido por Nicanor, participaron os guionistas Clare Downs, Daniel Díaz Torres, Álvaro del Amo e Daniel Domínguez. [Vieiros: Galiza Hoxe - O Clúster Audiovisual pon en marcha o Guionlab 2007] e desde ese mesmo ano até o 2010 dirixiu o Festival de Cine de Ourense.

Traxectoria Primeiros anos

Fillo dunha familia galega de pequenos propietarios, os seus pais emigraron despois da guerra civil española a Nova York. En 1950 a familia instalouse na Habana onde estudou Belas Artes na Escuela San Alejandro e Filosofía e Historia das Artes na Universidade da Habana. En 1959 traballou como debuxante para o xornal cubano Prensa Libre e o semanario Bohemia na época na que a Revolución cubana toma o poder político. En 1960 foi fundador, animador e director do departamento de animación do Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC) xunto a artistas como Jesús de Armas, Tulio Raggi, Eduardo Muñoz-Bachs, Modesto García, Hernán Henriquez, Harry Read, Jorge Carruana, Wichy R. Nogueras, Paco Prats e outros pioneiros do cine de animación en Cuba.

En 1965 a familia deixou Cuba e marchou a París para traballar como director de animación e cámara co produtor Serge Danot, Ivor Wood e o escenógrafo Rafael Esteve para o programa da ORTF Le Manège enchanté En 1967 Adolfo Suárez, entón director de RTVE, invitouno a incorporarse ao ente público, onde produciu e dirixiu películas e documentais até 1983, chegando a ser director da canle ese ano. En 1988 deixou RTVE para traballar a nivel internacional como produtor/consultor independente promovendo o servizo público de radiodifusión en institucións como INPUT-TV.

Filmografía en Cuba (ICAIC) + Ano título Descrición notas 1960 a e i o u Animación coas primeiras letras do abecedario Animador con Hernán Henriquez 1961 Ogú, el hombre primitivo Animación sobre o descubrimento da solidariedade Director, animación de Hernán Henriquez e Jorge Carruana 1963 El gallito de papel Animación de xoguetes de guerra e paz Deseñador, dirixido por Jorge Carruana, animador Wichy Nogueras 1965 Macrotí, un Noé cubano Animación sobre a historia aborixe cubana da Arca de Noé Animador, dirixido por Tulio Raggi 1965 Dos hombres Animación sobre os perigos da cobiza humana Historia de Fernando Villaverde

Filmografía en Francia, (ORTF) Ano título Descrición Protagonistas 1965/1966 Le Manège Enchanté Serie de monicreques de animación para nenos pequenos / Serge Danot Productions, de ORTF, posteriormente emitida pola BBC. Pollux, Margot, Zebulon, Pere Pivoine, Flappy, Ambroise Música de Alana Legrand

Filmografía en España, RTVE En 1967 Adolfo Suárez, director da Televisión Pública Española (RTVE), invitou a E. Nicanor para incorporarse á nova institución. Produciu a serie infantil "Las Aventuras de Mumú", unha nova serie de animación de monicreques e iniciou a produción da canle de documentais, series e programas en formato cinematográfico até 1983, ano no que pasa a ser director de TVE-2. Ano título Descrición/Rede Protagonistas 1967 Las aventuras de Mumú Serie de monicreques de animación para nenos pequenos, 26 episodios Mumú, Lolita, Mondoñedo, Don Parvo 1967 El primer día de escuela Primeiro documental de "cine libre" para educación en TVE / Escola Ramiro de Maetzu Convidado: Ivan Tubau Comamala 1967 Imágenes para saber Revista cultural semanal / Segmento cinematográfico co-dirixido co director de vídeo, Ricardo Arias Primeira aparición televisiva de Félix Rodríguez de la Fuente 1968 Televisión escolar Revista escolar diaria / Segmento cinematográfico co-dirixido co director de vídeo Ricardo Arias Felix Rodríguez de la Fuente, Carmen Esther, Manolo Portillo...

Cómo es, cómo se hace +Guións: Justo Merino, voz: Eufrasio ZúñigaEpisodioTítuloDescriciónLocalización1 (1968)El aceite de olivaDa plantación de oliveiras á garrafa de aceiteXaén, Andalucía2El PanDa colleita de trigo á panaderíaMadrid3La cerámicaLouza tradicional andaluzaBailén, Andalucia4Un mueble de maderaDa talla da árbore ao carpinteiro Almagro5Una guitarra españolaO proceso de combinar madeira e artesanía pra obter o mellor sonGuitarras Ramírez, Madrid6El papelDa talla da árbore ao escritorioSarrió, Leiza, Navarra7Una central eléctricaTransformando a corrente de auga do río en enerxíaCentral del Duero, río Douro, Estremadura8Una planta nuclearProceso de transformar uranio en enerxía eléctricaVandellòs, Tarragona9La laca japonesaCo prof. Ramon Sarsanedas na Escola MassanaBarcelona10Una joyaGoldsmith e as artes na Escola Massana,Barcelona11Una colección de arteMuseum Frederic MarésBarcelona12Un periódicoA impresión de La VanguardiaBarcelona13Un balnearioMondarizMondariz, Vigo, Galiza14Una granja experimentalGranxa do LouroO Porriño15La pesca del mariscocon Álvaro Cunqueiro O Grove, Vigo 16Una gaita gallegaArtesania de música tradicional galegaPontevedra17La camelia gallegaPlantación e recollida de cameliasA Coruña18Un parqueCoidados do Parc GüellBarcelona19La telaDo fío á tela. Tecido industrialBarcelona20Un vivero de orquideas"El inglés" Casa VerdeNerja, Málaga21La pesca de bajuraFlota de pescadores traballando na la costaMálaga22Una espada españolaForxa tradicional de aceiro toledano. 'Forja de Félix'.Toledo23Una armadura medievalForxando e decorando á xeito tradicional aceiro de ToledoToledo24El damasquinadoOurivería tradicional árabe toledanaToledo25Un disco de viniloA industria da músicaMadrid26El modelado en barroProceso artístico de creación dunha estatuaBailén27La restauración artísticaInstituto de Restauración ArtísticaMadrid28Un avión de combate supersónicoO avión Saeta de CASASevilla29 (1971)Una emisora de radioRadio Popular con Tip y Coll e Alfonso EduardoMadrid30 (1972)La televisión (episodio 1)TVE, Prado del ReyMadrid31 (1972)La televisión (episodio 2)TVE, Prado del ReyMadrid

Películas e espectáculos individuais Episodio Título Descrición Notas 1970 A toda plana: Elecciones en México. Restablecerá el presidente Luis Echeverría relaciones con la España de Franco? Documental do acto de toma de posesión do presidente Luis Echeverría e do posible restablecemento das relacións diplomáticas. Encargo de Eduardo Sancho 1970 Cheste, una célula universitaria para nuevas familias Nova formación na Universidade Laboral de Xest, Valencia Convidado: Eduardo Sancho 1970 Galileo Galilei Episodio piloto da serie "Historia da Ciencia" Asesor científico: Dr. Roberto Saumells 1973 Viaje a la Luna (de Cyrano de Bergerac) Episodio de ficción da serie "La Comparsa" Gabriel Fariza, Miriam de Maeztu, Juan Margallo, Marcelo Rubal 1973 La caza del Snark (Lewis Carroll) Episodio de ficción da serie "La Comparsa" Francisco Merino e Quique San Francisco 1976 Platero y yo, Juan Ramón Jiménez Episodio de ficción da serie "Los libros" Guión de Miguel Marías e Enrique Nicanor Agustín González, Gerardo Maya, Ana de Yebra 1979 'Els Comediants' invaden la ciudad Programa especial que representou a España no Festival de Montreux Els comediants 1982-1983 Robinson Semana xuvenil da literatura e do xogo Felicidad Orquín, Gabriel Fariza. Premio Ondas 1982

Las Reglas del Juego, serie de televisión sobre antropoloxía social +Producida en 1976, e 1977-1978, idea do convidado José Antonio José Antonio JáureguiDataTítuloDescriciónNotas10/04/77Homo Tribalis"Os sentimentos humanos que contan. Alén da economía, a política e as teorías de Marx".Galiza, O Cairo, Tokyo, NYC10/11/77LA TIERRA"O sentimento de pertenza a unha terra. Conflitos nacionalistas"Conflito Israel-Palestina, guerra do Líbano, conflito do Reino Unido-Reino de España por Xibraltar10/18/77LA LENGUA"O sentimento de posesión ou de pertenza a unha lingua"Con Camilo José Cela, Guillermo Cabrera Infante, Álvaro Cunqueiro10/25/77LA RAZAOs conflitos raciais son/eran determinados por sentimentos tribais?Guerra do Líbano 1975, Hiroshima, Auschwitz11/01/77LA HISTORIAA forma tribal en que a historia adapta as súas diferentes historiasEstados Unidos de América, Francia, Xapón, UK11/04/77LA RELIGIÓNUsos tribais de todas as relixiónsO Vaticano, xudaísmo, musulmáns, budismo. Rodado na Península Itálica, Xapón, Israel, Palestina11/15/77LOS TIPOSTipos tribais de personalidades desenvolvidas ao longo dos temposTipos tribais de caracteres humanos12/03/77LA POLITICAComo funcionan os sentimentos tribais, utilízanse e determinan a políticaPartidos políticos, sindicatos, prensa, monarquía e democracia12/10/77ECOLOGÍA Y VESTIDOA maneira en que a moda determina os seus propios apegos á maneira de vestirnosA nosa maneira de vestir segundo a nosa tribo12/17/77TOTEMTótems da sociedade contemporánea: bandeiras, reis e outros "símbolos" sociaisAs sociedades contemporáneas tamén teñen tótems12/24/77LA ECONOMIAEconomía global e nacional. Como funciona.Cando as moedas nos din que pertencemos a...12/31/77LA GUERRATribalismo nas guerras na sociedade antiga e contemporáneaAs guerras son simplemente cuestións tribais?01/07/78EL IMPERIOMotivos tribais ou uso dos imperios na sociedade antiga e contemporáneaGrecia, Roma, Imperio español, Imperio Británico, imperialismo dos Estados Unidos02/21/78LA COMIDA Y EL ARTEHábitos de comer nosos ou internacionais, como os utilizamosPor que a comida do meu país é mellor que a dos outros. Folclore e nacionalismos musicais06/18/78EPILOGO: TRIBAL 1Resumo da primeira parte da serieResumo da serie 106/25/78EPILOGO: TRIBAL 2Resumo da segunda parte da serieResumo da serie 2 miniatura|A galiña Caponata, creada por Nicanor para Barrio Sésamo. AsuntoTítuloDescriciónProtagonistas1979-1980BARRIO DE SÉSAMOPrimeira produción española de Barrio Sésamo coproducida con CTW con personaxes e bonecos españoisEmma Cohen como "Caponata", Jesús Alcaide como "Perezgil", Gabriel Fariza, Concha Goyanes, Juan Margallo, Petri Martínez... En 1980 incorporouse Espinete, coincidindo coa negociación para levar o programa a Israel.

El Arca de Noé, serie de vida salvaxe e natureza +(1983) Director da serie: José L. Cuerda, 4 episodios de E. Nicanor sobre a natureza na Patagonia ArxentinaEpisodioTítuloDescriciónNotasCabeceira da serieMúsica de Pepe Nieto1Patagonia salvajeFauna terrestre na PatagoniaAsesor científico e texto: Joaquín Araújo. Asesor arxentino: Francisco Erice2La ballena franca del SurVida, migración, apareamento e nacemento da balea franca australAsesor científico e texto: Joaquín Araújo. asesor arxentino: Francisco Erice3Harenes en la costaHábitos de vida de lobos mariños e focas na costa da Península ValdésAsesor científico e texto: Joaquín Araújo. asesor arxentino: Francisco Erice4Aves de la PatagoniaModo de vida de pingüíns, corvos mariños, petreis e vasoirasAsesor científico e texto: Joaquín Araújo. asesor arxentino: Francisco Erice

1983-1987 Director de TVE-2, canle cultural de RTVE