A batalla do Douro fai referencia a unha batalla entre galaicos e lusitanos contra os exércitos da República Romana liderados por Décimo Xunio Bruto cara o 137 a. C.
Historia Paulo Orosio describe o enfrontamento na Historiae adversus paganos :Mentres tanto Bruto venceu en Hispania Ulterior a 60 000 galaicos que acudiran en auxilio dos lusitanos; e fíxoo nunha dura e difícil batalla, aínda que os rodeou cando estaban desprevidos. Deles, 50 000 caeron neste combate; Dise que 6 000 foron feitos prisioneiros, e moi poucos conseguiron escapar.
Localización Inda que non existe ningunha fonte primaria para a localización desta batalla, tómase o río Douro como posible localización, pola súa condición de fronteira natural entre os galaicos e a expedición de Décimo Xunio Bruto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Conquista de Gallaecia
Categoría:Batallas do século -II Categoría:Batallas dos galaicos Categoría:Batallas dos lusitanos Categoría:Historia antiga de Galicia Categoría:Batallas da República Romana