O Valado é un lugar da parroquia de Vilaframil, no concello lugués de Ribadeo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 19 habitantes (8 homes e 11 mulleres).
Neste lugar, chamado así porque é unha zona valada, ben con parede de pedra, ben con outros tipos de materiais) sitúase a última escola infantil pública da parroquia. Os rapaces do lugar fan o ensino primario no grupo escolar de Ribadeo.
Actualmente esta escola úsase como lugar de reunións das distintas asociacións: de veciños, cultural, de montes e tamén como lugar de celebración de distintos cursos e actividades. Hai tamén no campo da escola un pequeno pero moi visitado parque infantil.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Vilaframil
Parroquias de Ribadeo
Categoría:Lugares de Ribadeo