Nina Nikolaevna Berberova (en ), nada en San Petersburgo o 8 de agosto, ou o 26 de xullo segundo o calendario xuliano, de 1901 e finada en Filadelfia o 26 de setembro de 1993, foi unha escritora rusa que, entre outras cousas, é famosa por narrar a vida dos exiliados rusos en París.
Traxectoria Filla única de Nikolai Ivanovi Berberov, funcionario do Ministerio de Finanzas e de Natalja Ivanovna Karaulova, a súa historia como escritora comeza en Berlín, máis tarde en París e logo en Estados Unidos como describe na súa autobiografía "Kursiv moi", (Курсив мой, en galego A cursiva é miña) publicada en 1957.
Viviu en París desde 1925 a 1950, ano en que se estableceu nos Estados Unidos, onde traballou para as universidades de Princeton e Yale.
Morreu o 27 de setembro de 1993 por complicacións despois dunha caída.
Obra Мыс Бурь Mys bur. Novela Повелительница (1932) Povelitelnitsa . Novela Аккомпаниаторша : рассказы в изгнании (1935) Akkompaniatorsha : rasskaszy v izgnanii Чайковский (1936) Chaikovskii, biografía. Бородин. (1938) Borodin, biografía Без заката.(1938) Bez zakata Александр Блок и его время (1947) Aleksandr Blok i ego vremaia, biografía Облегчение участи. (1949) Oblegchenie uchasti Дело Кравченко. История процесса, Delo Kravchenko. Istoriia protsessa Курсив мой (1972) Kursiv moi. Autobiografía Железная женщина (1981) Zhelesnaia zhenshchina Стихи (1984) Stikhi Люди и ложи. (1986) Loidi i lozhi Биянкурские праздники. Buiankurskie prasdnikui Cniornaia bolezn
Categoría:Escritores en lingua rusa Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados en 1901 Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Finados en 1993