Israel Suero Fernández, nado en Madrid o 12 de abril de 1994, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Castellón da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Real Madrid e do Rayo Majadahonda, pasando ao primeiro equipo deste último club no verán de 2013. Despois dunha tempada na Terceira División, pasou en 2014 ao filial do Rayo Vallecano na Segunda División B. En marzo de 2017 trasladouse a Alemaña, onde fichou polo CSC 03 Kassel da sexta categoría e posteriormente pasou polas filas do SV Elversberg.
En xaneiro de 2023 volveu a España e incorporouse ao Castellón, da Primeira División RFEF. Co equipo dirixido polo neerlandés Dick Schreuder, proclamouse campión do Grupo II da Primeira División RFEF, logrando así o ascenso á Segunda División.
Palmarés
SV Elversberg Regionalliga Südwest (1): 2021/22 Copa Sarre (3): 2019/20, 2020/21, 2021/22.
Castellón Primeira División RFEF (1): 2023/24.
Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores do CD Castellón