San Pedro da Mezquita é unha parroquia do concello ourensán da Merca. Segundo o IGE no ano 2007 tiña 244 habitantes (113 homes e 131 mulleres), 7 menos que no ano anterior.

Patrimonio histórico e artístico A igrexa de San Pedro da Mezquita foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931. É de orixe románica (ten unha inscrición de 1202, malia que xa aparece citada no ano 986), con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha soa nave, que remata nun piñón. A ábsida está cuberta por dous teitos desiguais. A nave comunícase mediante un arco dobremente partido coa ábsida.

Desde a igrexa pódese contemplar o castro de San Marcos.

A torre de San Pedro da Mezquita foi no pasado sede do señorío da Casa de Bragança, pero tras sufrir diversos derrubes e modificacións, na actualidade consérvase só a parte inferior.

Lugares e parroquias Lugares da Mezquita

Parroquias da Merca

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Lugares da Merca

Ligazóns externas Web da Mezquita

Categoría:Parroquias da Merca Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro