A lingua resígaro é unha lingua da familia arauaca falada no departamento de Loreto, no Perú. Crese que está case extinta xa que no ano 2017 contaba con só un falante. Aikhenvald (1999) clasificouna entre as linguas nawiki occidentais. Kaufman (1994) clasificouna nunha póla separada do alto Amazonas.Ramirez, Henri (2019). Enciclopédia das línguas arawak: acrescida de seis novas línguas e dois bancos de dados. (no prelo)Ramirez, Henri, & França, Maria Cristina Victorino de. (2019). Línguas Arawak da Bolívia. LIAMES: Línguas Indígenas Americanas, 19, e019012. https://doi.org/10.20396/liames.v19i0.8655045 O resígaro está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Últimos falantes O 25 de novembro de 2016, a última muller falante de resígaro, Rosa Andrade, foi brutalmente asasinada cunha decapitación aos 67 anos. A súa sobriña relatou: "foi decapitada. Non se atopou a súa cabeza, nin o seu corazón". A derradeiro falante da lingua é o seu irmán Pablo Andrade. El e a súa irmá estaban a traballar nun proxecto co Ministerio de Cultura do Perú para documentar a súa lingua dende outubro de 2016, e para actualizar libros de gramática e un dicionario obsoleto elaborado na década de 1950 pola Summer Institute of Linguistics, que promoveu a tradución da Biblia.

Contacto lingüístico O resígaro ten moitos préstamos morfolóxicos da lingua bora, como pronomes, marcadores numerais e marcadores de casos. Porén, hai relativamente poucos préstamos léxicos.Seifart, Frank. 2011. Bora loans in Resígaro: Massive morphological and little lexical borrowing in a moribund Arawakan language . Cadernos de Etnolingüística Série Monografias, 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Perú