É pecado (en ) é unha miniserie de televisión británica escrita por Russell T Davies. Ambientada en Londres entre 1981 e 1991, conta a historia de mozos gais e os seus amigos durante a crise de Sida/VIH. É pecado está protagonizado por Olly Alexander, Omari Douglas, Callum Scott Howells, Lydia West e Nathaniel Curtis. O resto do elenco está composto por David Carlyle, Keeley Hawes, Shaun Dooley, Tracy Ann Oberman, Neil Patrick Harris e Stephen Fry. Foi dirixida por Peter Hoar, producida por Red Production Company, e estreada orixinalmente no Reino Unido a través de Channel 4 o 22 de xaneiro de 2021.
Estreouse en galego o 7 de xuño de 2024 a través da plataforma AGalega.
Sinopse A serie segue a un grupo de homes homosexuais que se mudan a Londres en 1981. Forman un grupo de amizade pero a rápida aparición da Sida/VIH no Reino Unido afecta as súas vidas. Ao longo de cinco episodios móstrase o grupo vivindo unha década enteira ata 1991, mentres se determinan a vivir a pesar da ameaza que o VIH supón para eles.
Personaxes Olly Alexander como Ritchie Tozer David Carlyle como Gregory "Gloria" Finch Nathaniel Curtis como Ash Mukherjee Shaun Dooley como Clive Tozer Omari Douglas como Roscoe Babatunde Callum Scott Howells como Colin "Gladys Pugh" Morris-Jones Tracy-Ann Oberman como Carol Carter Lydia West como Jill Baxter Keeley Hawes como Valerie Tozer Neil Patrick Harris como Henry Coltrane Stephen Fry como Arthur Garrison MP
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de HBO Max Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2021 Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1980 Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 1990 Categoría:Series de televisión con versión galega