A lingua chamicuro é unha lingua morta que pertence á familia das linguas arauacas e que se falou outrora no Perú. A lingua foi falada tradicionalmente polo pobo chamicuro, cuxo número rolda o cento de persoas. Os chamicuros viven no presente a carón dun afluente do río Huallaga, no Perú, na área do distrito de Pampa Hermosa, aínda que pode que orixinalmente vivesen na rexión entre os ríos Ucayali e Javari, ou no Brasil.

Publicouse un dicionario en chamicuro, mais ningún neno pode falar a lingua e a comunidade pasou a falar castelán.

Está estreitamente relacionada coa lingua morique.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Perú