A lingua enawené-nawé (tamén escrita como enawenê-nawê, eneuene-mare ou salumã) é unha lingua da familia arauaca falada no Brasil por unhas 570 persoas que viven na conca do río Juruena, e máis especificamente ao longo do río Iquê, no estado de Mato Groso. O enawené-nawé está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Clasificación Aikhenvald (1999) clasificou o enawené-nawé como unha lingua arauaca meridional xunto coas linguas terêna, lapachu e moxo. Porén, estudos máis recentes de Fabre (2005) e Brandão & Facundes (2007) consideran a lingua como parte do subgrupo paresí das linguas paresí-waurá.

Comparanza dos pronomes persoais entre o paresí e o enawené-nawé Persoa Paresí Enawené-nawé 1SG natyo nato 2SG hitso hixo 3SG eze ere 1PL witso wixo 2PL xitso dexo 3PL ezenae erenaha

Comparanza dos números Número Paresí Enawené-nawé un hatita xoxola dous hinama initini tres hanama koytala catro zalakakoa noxi

Fonoloxía Consoantes Segundo Zorthêa (2006) o enawené-nawé ten 15 consoantes contrastivas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Linguas arauacas Bibliografía

Categoría:Linguas arauacas Categoría:Linguas do Brasil