As desmosponxas, esponxas silíceas ou esponxas córneas é a clase máis numerosa do filo Porifera (esponxas) e é a que contén a maior variedade destas espoxas. Diferénciase por posuír un esqueleto de fibras de esponxina, unha substancia exclusiva destes animais ou de mineral sílice ou de ámbolos dous.

Estrutura Megascleras e microscleras diferenciables e xamais con seis radios. Xeralmente as pequenas espículas atópanse nas partes brandas e aparecen grandes espículas esqueléticas. Todas as Demosponxas son da tipoloxía leuconoide, e a maioría é irregular, porén existen todos os tipos de patróns de crecemento. Algunhas son incrustantes; outras teñen un aspecto de ramificacións ascendentes ou plataformas irregulares; outras teñen formas de cordón ou son foliáceas. A maioría son mariñas, aínda que tamén existen especies de auga doce (Familia Spongillidae). Este grupo de esponxas varían na súa distribución dende augas rasas a grandes profundidades. A reprodución neste grupo pode ser tanto sexual como asexual.

Clasificación Taxonomía

Hooper e van Soest fixeron a seguinte clasificación;

Subclase Homoscleromorpha Bergquist, 1978 Orde Homosclerophorida Dendy, 1905 Subclase Tetractinomorpha Orde Astrophorida Sollas, 1888 Orde Chondrosida Boury-Esnault & Lopès, 1985 Orde Hadromerida Topsent, 1894 Orde Lithistida Sollas, 1888 Orde Spirophorida Bergquist & Hogg, 1969 Subclase Ceractinomorpha Levi, 1953 Orde Agelasida Verrill, 1907 Orde Dendroceratida Minchin, 1900 Orde Dictyoceratida Minchin, 1900 Orde Halichondrida Gray, 1867 Orde Halisarcida Bergquist, 1996 Orde Haplosclerida Topsent, 1928 Orde Poecilosclerida Topsent, 1928 Orde Verongida Bergquist, 1978 Orde Verticillitida Termier & Termier, 1977

Porén, evidencias moleculares suxiren que debería ser revisada a clasificación da sublcase Homoscleromorpha.

Listaxe das esponxas Desmosponxas máis coñecidas (por orde alfabética do nome científico)

Axinella verrucosa Chondrosia reniforme Cliona celata Dysidea fragilis Ephydatia fluviatilis Geodia conhilega Halichondria panicea Hippopongia communis (esponxa de cabalo) Hymeniacidon sanguinea Mycale massa Myxilla incrustans Oscarella domuncula Spongia officinalis (esponxa de baño) Suberites domuncula (= Ficulina ficus)(Esponxa de ermitán)

Véxase tamén

Outros artigos Porifera

Bibliografía

Ligazóns externas Desmosponxas

Categoría:Porifera