Ilaria Salis, nada 17 de xuño de 1984 en Monza, é unha activista antifascista, docente e política europarlamentaria italiana.
Despois de rematar os seus estudos, comezou a traballar como mestra. Obtivo un escano o 9 de xuño nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2024.
Traxectoria Naceu en Monza e creceu Milán. Despois dos seus estudos na Universidade de Milán comezou a traballar de profesora. Foi arrestada en Budapest en febreiro de 2023 durante unha contra-manifestación contra unha concentración de extremistas de dereita, acusada de participar nun ataque contra neonazis. A súa detención e subsecuente encarceramento xeraron unha significativa controversia e tensión diplomática entre Hungría e Italia.
Durante o seu proceso xudicial, Salis denunciou as condicións inhumanas do seu encarceramento, como a falta de alimentación adecuada, a infestación de pragas na prisión e a limitación das súas comunicacións coa familia.
En 2024, foi nomeada como candidata para o Parlamento Europeo pola Alianza Verdes e Esquerda da Alianza Libre Europea, unha decisión vista como unha oportunidade para obter inmunidade parlamentaria e suspender o seu proceso penal en Hungría. A súa campaña electoral foi limitada polas restricións do seu encarceramento, pero logrou ser elixida, obtendo así a súa liberdade e inmunidade.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 Parlamento Europeo Fascismo Antifascismo
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Milán Categoría:Políticos de Italia Categoría:Políticos de Hungría Categoría:Antifascismo