Mélanie Hélène Bonis, máis coñecida coma Mel Bonis, nada o 21 de xaneiro de 1858 en París e finada o 18 de marzo de 1937 en Sarcelles, foi unha prolífera compositora francesa dos finais do romanticismo. Escribiu máis de trescentas pezas, incluíndo obras para piano solo e a catro mans, pezas de órgano, música de cámara e coral, unha misa, obras para orquestra e "mélodies".

Alumna de, entre outros, César Franck e Charles Koechlin, forma parte dende principios do século xx, das artistas máis vangardistas en Francia. Aínda que non frecuentaba moito a compositores contemporáneos, o seu estilo aseméllase a un dos seus mestres, Gabriel Fauré, así coma ao de outros compositores coma Franck e Claude Debussy.

Traxectoria

Infancia Nada o 21 de xaneiro de 1858 en París, recibe unha estrita educación relixiosa. A súa nai recítalle a miúdo "Imitation pour les tout petits", é dicir, "Imitación para os máis pequenos", ás súas dúas fillas, imbuíndolles deste xeito dende a infancia, os principios da relixión católica. Ademais, na escola, Mel Bonis mostra unha gran facilidade para o estudo. Dende moi cedo, sente unha gran piedade e unha profunda fe que conservaría ao longo da súa vida.

Estuda de forma autodidacta e recibe leccións de piano e solfexo a partir dos doce anos. Ata 1876, traballa na súa técnica pianista, lendo e tocando sen problemas. Posúe sensibilidade e finura, acadando incluso improvisacións incríbeis. É Hippolyte Maury, profesor de cornetín, quen lle presenta a César Franck, dándolle este último clases particulares de piano e afoutándoa a presentarse aos exames de ingreso do Conservatorio de París.

Composicións

Música de cámara

Suite en trio, para frauta, violín e piano, [Op. 59] (1903). Fantaisie en septuor, para dúas frautas, dous violíns, viola, violoncello e piano, [Op. 72] (1906). Scènes de la forêt, para frauta, trompa e piano, [Op. 123] (1928). Suite dans le style ancien, para frauta, violín e piano, [Op. 127 No. 1] (1928). Suite orientale, [Op. 48]. Soir, matin, para violín e piano. Nocturne. Quatuor pour piano e cordes en si bémol, [Op. 69]. Quatuor pour piano et cordes en ré, [Op. 124]. Sonata para frauta en Do sostido, [Op. 64]. Sonata para violonchelo en Fa maior, [Op. 67]. Sonata para violín en Fa sostido menor, [Op. 122].

Música para piano Edición moderna en nove volumes publicada por Furore: Femmes de légende – (1o volume). Pièces pittoresques et poétiques I et II – (2o e 3o volume). Concert pièces – (4o volume). Danses et pièces légères – (5o volume). Piano à quatre mains A – (6o volume). Pièces pittoresques et poétiques III – (7o volume). Piano à quatre mains B – (8o volume). Deux pianos à quatre mains – Scherzo [Op. 40] e Variacións [Op. 85], (9o volume).

Música infantil

Children's Scenes – [Op. 92] (1912). Album pour les tout petits – [Op. 103] (1913). 17 Pièces enfantines – [Op. 116] (1926). Miocheries – [Op. 126] (1928). Neuf Pièces faciles – [Op. 148] (1936).

Música de órgano

L'Œuvre verter orgue – 27 pezas, (con Toccata, Cantabile, Coral, etc.).

Notas

Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Compositores de Francia Categoría:Músicos de Francia por instrumento