Cacería salvaxe (en ) é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Timothy Bond.
Estreouse en galego o 10 de decembro de 2008 na TVG.
Sinopse Matt Robinson (Gregory Harrison), antigo piloto das Forzas Aéreas, traballa agora para as Nacións Unidas nun programa para a protección e conservación da natureza. Viaxa a África cos seus dous fillos, Angela (Brooke Nevin) e Nicholas (Cody Jones), para seguir dende o aire o movemento dos elefantes que están sendo masacrados por unha banda de cazadores furtivos que trafican co marfil dos seus cairos. Ao chegar a Zimbabwe atópanse no camiño unha cría de elefante ferida por un disparo.
Personaxes Gregory Harrison como Matt Robinson Lori Hallier como Rachel Thompson Cody Jones como Nicholas Robinson Brooke Nevin como Angela Robinson Munyaradzi Kanaventi como Isaac Themba Ndaba como Ngoi Simon MacCorkindale como Walton Baden Smythe Jason Kennett como cazador furtivo xefe John Chinosiyani como Scarface Elijah Madzikatire como Abraham
Notas
Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes rodados en Zimbabwe Categoría:Filmes de 1998 con versión en galego