A ecoloxía xenética é o estudo da expresión e transferencia e de material xenético entre organismos dun ecosistema.Kellenberger, E. (15 de maio de 1994) "Genetic ecology: a new interdisciplinary science, fundamental for evolution, biodiversity and biosafety evaluations" Experientia vol50:5 pp. 429–437 DOI: 10.1007/BF01920741 En xeral, o material xenético permanece dentro dos organismos. Porén, o material xenético ten a capacidade de ser captado por varios organismos que existen nun medio abiótico por medios naturais, como as transferencias horizontais de xenes.Lederberg, J. (1994) The Transformation of Genetics The Rockefeller University, New York, New York Deste xeito, este campo de estudo céntrase na interacción, intercambio e expresión do material xenético entre especies filoxeneticamente distantes, que ocorre no solo, acuíferos, tractos gastrointestinais e outros ambientes. Por tanto, a ecoloxía xenética é o estudo da transferencia de xenes nos ecosistemas e das súas causas.
Outro aspecto ao que se aplicou o termo ecoloxía xenética foi o estudo das interrelacións de determinantes xenéticos específicos (xenes) co seu ambiente. Podería utilizarse esta disciplina para alterar in situ a abundancia e expresión de xenes nunha comunidade microbiana para controlar así procesos ambientais, como a degradación de substancias contaminantes orgánicas ou a eliminación de metais pesados.Olson, B.H., Goldstein, R.A. (1991). Applying Genetic Ecology to Environmental Management. In: Vaheri, A., Tilton, R.C., Balows, A. (eds) Rapid Methods and Automation in Microbiology and Immunology. Springer, Berlin, Heidelberg. pp 451–462. https://doi.org/10.1007/978-3-642-76603-9_55.
Transferencia de xenes A información xenética pode transferirse a través dun ecosistema de moitas maneiras. A primeira das cales é a transferencia de xenes bacterianos (ver transformación bacteriana). As bacterias teñen a capacidade de intercambiar ADN. Este intercambio de ADN ou transferencia horizontal de xenes, pode pode proporcionar a outras especies de bacterias información xenética beneficiosa para sobrevivir no seu ambiente."Horizontal Gene Transfer"
Un fenómeno similar pode ocorrer entre plantas e bacterias. Por exemplo, Agrobacterium tumefaciens ten a capacidade de introducir xenes en plantas que causan o desenvolvemento de tumores na planta."Methods of Gene Transfer in Plants" (2011) Agricultural Biosecurity
Feitos similares ocorren durante as infeccións de certos virus noutros organismos.7. Weaver, R. (2012). Molecular biology (5ª ed.). Nova York: McGraw-Hill
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xenética ecolóxica
Categoría:Xenética Categoría:Ecoloxía