Nayarit, oficialmente Estado Libre e Soberano de Nayarit, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. Divídese en 20 concellos e a súa capital é a cidade de Tepic.

Limita cos estados de Sinaloa polo noroeste, Durango polo norte, Zacatecas polo nordeste e Xalisco polo sur. No oeste, Nayarit ten a costa do océano Pacífico, incluíndo as illas Marías e Marietas. As praias de San Blas e a chamada "Riviera Nayarit" son populares entre os turistas.Ademais do turismo, a economía do estado baséase principalmente na agricultura e na pesca. Tamén é un dos dous estados onde se atopa a especie de tarántula Brachypelma klaasi, sendo o outro Xalisco.

Nayarit é o fogar dos pobos indíxenas uto-aztecas como os huichol e os cora, e a rexión foi visitada polos conquistadores Hernán Cortés e Nuño de Guzmán no século XVI. Porén, o dominio español dificultouse polas rebelións indíxenas e polo terreo inhóspito da Serra do Nayar. As últimas comunidades independentes de cora foron sometidas en 1722. O nome do estado é o termo que o pobo cora se aplicaba a si mesmo: Náayerite, en conmemoración de Nayar, líder da resistencia.

Notas

Categoría:Estado de Nayarit