José Adolfo Araujo Veiga Paradís, nado en Tui en 1885 e finado en Madrid, foi un músico e compositor galego.
Traxectoria Nado en Tui en 1885, sobriño de Pascual Veiga.Xosé Ramón Barreiro e Ramón Vilares (ed) Os símbolos de Galicia Foi discípulo de Manuel Martínez Posse en Tui. Cursou os estudos preliminares e superiores no Conservatorio de Nova York e obtivo o título de licenciado en harmonía. Debutou como director da Orqustra da Cása Víctor de Nova York. Despois pasou a dirixir a banda de Policías de Río de Xaneiro e máis tarde foi director da banda do Rexemento nº 19 de gornición en Iquitos. Por enfermidade no fígado trasladouse ao Arquipélago de Madeira e xa curado marchou a Italia. Ampliou estudos no Conservatorio Nacional de Roma onde obtivo o título de Mestre de composición e fuga.
Coa Primeira guerra mundial regresou a España para dirixir a banda de Valencia de Alcántara, a banda provincial de Guadalaxara, a de Ribadavia (1929), a Sociedad Coral Helios de Bembrive (1930),El Pueblo Gallego, 17-4-1930, p. 10. a banda de Cartelle (1931),El Pueblo Gallego, 14-10-1931, p. 2. e o Orfeón Coral San Lorenzo de Vigo. Rexistrou ao seu nome a partitura do Himno galego en 1926.Os símbolos de Galicia Colaborou en El Pueblo Gallego e Vida Gallega, onde asinaba como José A. Veiga. En 1935 foi nomeado director da Unión Musical Gaditana.La Vida literaria, 105, 9/1935, p. 1. Logo da disolución da Unión Musical Gaditana a principios de 1936, creou con outros músicos a Agrupación Artística, da que foi elixido director-presidente.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 marchou a Vigo en setembro. Foi director do coro e orfeón da Agrupación Artística de Vigo. Dende marzo de 1942 residiu en Muxía.Expediente informativo sobre a reclamación, formulada por José A. Veiga Paradís, director da banda de música de Muxía, por non ser nomeado para algunha praza do consurso de directores de bandas civís Abríronlle expediente de depuración como membro do Cuerpo Nacional de Directores de Bandas Civiles en 1943 co resultado de postergación durante un ano na escala do corpo. En 1945 foi director da banda de música de Villa del Río (Córdoba),BOP Córdoba, 21-9-1945, p. 2. e en 1948 da de Pradoluengo (Burgos)."El himno oficial de Pradoluengo cumple 70 años desde su estreno" (20/5/2018). El Correo de Burgos .
Escribiu obras diversas como un Himno regional gallego, Artabria, Rapsodia galega nº 1, Rapsodia portuguesa, Rapsodia astúrica, A gallegada, Terra a nosa, A Virxe do Cristal.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas "A editorial de música Arte Tripharia traballa desde hai 20 anos na elaboración dun Corpus de música culta galega" (28/7/2003) culturagalega.gal. Expediente de depuración de José Adolfo Veiga Paradís, director de bandas de música civís, con destino no concello de Muxía
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en ano descoñecido