Julio Ángel Fernández Alves, nado en Montevideo o 5 de abril de 1946, é un astrónomo uruguaio. Ensina na Universidade da República de Montevideo, no Uruguai, da que foi decano cinco anos (entre 2005 e 2010). Entre os seus méritos está o de renovar o ensino da astronomía no Uruguai. É membro do PEDECIBA, (o programa para o desenvolvemento das ciencias básicas do Uruguai), e da Sociedade Uruguaia de Astronomía.

Contribucións científicas

Cinto de Kuiper No artigo "On the existence of a comet belt beyond Neptune" (Sobre a existencia dun cinto de cometas máis alá de Neptuno) de 1980, Fernández observou que a frecuencia das cometas de curto período no sistema solar interno era demasiado elevada para que procedesen directamente da Nube de Oort; ao mesmo tempo, suxeriu que o dato podería explicarse se existise un cinto de obxectos xeados máis alá da órbita de Neptuno, a unha distancia comprendida entre as 35 e as 50 UA do Sol. Estas previsións foron confirmadas posteriormente e levaron ao descubrimento do Cinto de Kuiper. Fernández publicou numerosos traballos sobre os obxectos transneptunianos.

Definición de planeta miniatura|Cerimonia de apertura da XXVI Asemblea Xeral da UAI de 2006 en Praga.|esquerda En 2006, Fernández participou na XXVI Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (IAU), en Praga, que promulgou a nova definición de planeta. O descubrimento de numerosos obxectos transneptunianos similares a Plutón fixo necesaria unha nova definición. En outubro de 2005, un grupo da IAU definiu tres criterios principais para a nova definición de planeta: o criterio cultural, o criterio estrutural e o criterio dinámico. Stephen Eales, Prospect, pp.31-34 (maio 2007) A proposta final presentada á asemblea o 24 de agosto, incluía moitos dos puntos propostos por Fernández, e levou á creación da nova categoría dos planetas ananos, á que foi asignado Plutón.

Homenaxes O asteroide 5996 Julioangel, descuberto por Edward Bowell en 1983, foi nomeado así na súa honra.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade da República Categoría:Nados en 1946 Categoría:Astrónomos do Uruguai