Sorstalanság é un filme húngaro de 2005 dirixido por Lajos Koltai. Básease na novela semiautobiográfica homónima do Premio Nobel Imre Kertész, quen tamén escribiu o guión. Conta a historia dun adolescente que é enviado a Auschwitz e Buchenwald. A banda sonora foi composta por Ennio Morricone, e unha das cancións foi interpretada por Lisa Gerrard. É un dos filmes máis caros producidos en Hungría, cun custo de 12 millóns de dólares.

Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Marcell Nagy como György Köves Béla Dóra como o fumador Áron Dimény como Bandi Citrom Péter Fancsikai como Kollmann Zsolt Dér : Rozi András M. Kecskés como Finn Jozsef Gyabronka Daniel Szabó como Moskovich Tibor Mertz como Fodor Péter Vida como Lénárt

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Lajos Koltai Categoría:Filmes con banda sonora de Ennio Morricone Categoría:Filmes sobre o holocausto