Oh Se-hun (), nado en Seúl o 12 de abril de 1994, máis coñecido coma Sehun, é un rapeiro, bailarín, modelo, cantautor e actor surcoreano; integrante de EXO e do subgrupo EXO-SC.

Traxectoria 1994-2015: Primeiros anos e inicios na súa carreira musical Sehun naceu o 12 de abril de 1994 en Jungnang-gu, Seúl, Corea do Sur. Asistiu á Escola de Artes Escénicas de Seúl, da que se graduou en 2013. Foi descuberto por un axente de talentos de SM Entertainment cando tiña doce anos. Ao principio, tentou escapar do axente e foi perseguido por un tempo, pero finalmente decidiu converterse en aprendiz de SM en 2008.

O 10 de xaneiro de 2012, Sehun foi presentado oficialmente como o quinto membro de EXO ante o público. En abril, participou xunto a Baekhyun, Chanyeol e Kai no videoclip de «Twinkle» de Girls' Generation-TTS. O 17 de agosto, foi presentado en Music Bank coma o bailarín de BoA durante a súa interpretación da canción «Only One». En xullo de 2013, protagonizou o segundo episodio da comedia Royal Vila, xunto con Chanyeol. En agosto de 2014, protagonizou o remake de «Yo!» creado para EXO 90:2014. En marzo de 2015, apareceu no vídeo musical de «Can You Feel It?» de Donghae & Eunhyuk. Ao seguinte mes, protagonizou o webdrama EXO Next Door. En maio, apareceu no videoclip da canción «Who Are You» de BoA.

2016-presente: Actividades en solitario En febreiro de 2016 recibiu o premio Weibo K-Pop Star na quinta entrega dos Gaon Chart K-Pop Awards. Máis tarde, en marzo, revelouse que protagonizaría a película Catman. En xullo, anunciou o seu papel coma protagonista no drama My Dear Archimedes. En 2017, Sehun impresionou ao obter o terceiro posto como o rostro masculino asiático máis esteticamente agradable no Fashion Face Award da revista I-Magazine. En setembro, confirmouse que Sehun participaría no programa Busted! de Netflix. En 2018, revelouse que protagonizaría un drama web titulado Dogko Rewind. En maio do mesmo ano, uniuse ao elenco de Secret Queen Makers. O 14 de setembro, el e o seu compañeiro de grupo Chanyeol lanzaron a canción «We Young» para Station X 0.

O 28 de xuño, confirmouse que Sehun, xunto con Chanyeol, debutaría como integrante de EXO-SC co miniálbum What a Life lanzado o 22 de xullo. O 16 de xuño de 2020, anunciouse que Sehun debutaría na pantalla grande coa película Haejeok: Dokkaebi Gitbal, dirixida por Kim Jung-hoon, e que se estreou o 26 de xaneiro de 2022.

Imaxe

Moda Sehun ten participado en moitos eventos de moda de marcas de alta gama (Louis Vuitton, Dior ou Ermenegildo Zegna). En 2017 e 2018, asistiu aos defiles de moda en París de Louis Vuitton. En 2018, fixo unha sesión de fotos coa modelo Sara Grace Wallerstedt patrocinada por Louis Vuitton para a revista Vogue Korea. Sehun apareceu na portada da edición especial do vixésimo segundo aniversario de Vogue Korea en agosto de 2018, e converteuse na segunda celebridade masculina coreana en protagonizar a portada desta revista tras G-Dragon. Devandita portada converteuse na edición máis vendida de Vogue Korea dende a súa primeira edición en 1996. O 19 de setembro de 2018, a marca italiana de roupa masculina, Ermenegildo Zegna, anunciou que Sehun, xunto co cantante e actor chinés William Chan, serían embaixadores da liña de roupa XXX.

Filantropía En xaneiro de 2016, UNICEF e Louis Vuitton asociáronse para a campaña de «Make a promise». Irene de Red Velvet e Sehun actuaron como modelos na portada de febreiro da revista de CeCi. Para esta campaña, o 40 por cento das ganancias das vendas do colar e o brazalete de prata de Louis Vuitton que utilizaron Sehun e Irene foi destinado a UNICEF para axudar a nenos en condicións precarias.

Revelouse, o 13 de febreiro de 2020, que Sehun doou 20 millóns de wons (aproximadamente 18 mil dólares) á Escola Primaria Seoul Mangu, á que asistiu de neno. O cantante tamén foi acreditado por doar anteriormente ao centro de coidado infantil e xuvenil Eden I Vile e polo seu traballo como voluntario na institución de benestar infantil Sun Duk Home.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Seúl Categoría:Artistas de SM Entertainment