O termo de uso marítimo Avante, en dirección á fronte, pode referirse, entre outros, ao título dalgunha das seguintes publicacións periódicas:
Avante, semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1931. Avante, trimestral, subtitulada Hojas divulgadoras de propiedad industrial, Madrid, 1935-1936. Avante, Semanario del Hogar del Marino, un centro dentro do Ministerio de Marina, Madrid, 1937-1939. Avante, periódico de divulgación de la Delegación Provincial de Sindicatos de Pontevedra-Vigo (Vigo 1954-1958).
Véxase tamén ¡Avante!, periódico editado en Marín en 1915. ¡Avante!, semanario que apareceu en Pontevedra en 1922 como Órgano de los exploradores.; GEG Avante!, periódico oficial do Partido Comunista Portugués. Fundado en 1931.