As Roges des Molinar (do catalán, Roxas de El Molinar) é o nome co que se coñece a cinco mulleres que foron fusiladas o 5 de xaneiro de 1937. Vivían no barrio de El Molinar de Palma de Mallorca. Os seus nomes son Aurora Picornell, Catalina Flaquer Pascual e as fillas desta, Antònia Pascual Flaquer e Maria Pascual Flaquer e Belarmina González Rodríguez.

Feitos Organizaron en 1934 o Día da Muller Traballadora o 8 de marzo, en tres barrios: El Molinar, Son Cós e El Rotlet.

Aurora Picornell, a máis coñecida delas, foi chamada a Pasionaria de Mallorca. Foi unha das principais dirixentes do Partido Comunista de España. Tamén formou parte da liga Laica de Mallorca e do Socorro Vermello. Estaba casada co dirixente comunista Heriberto Quiñones, que foi fusilado na posguerra en Madrid. Os pais e os irmáns de Aurora Picornell tamén foron represaliados.

A véspera do 6 de xaneiro de 1937 fusilouse a Aurora Picornell, Catalina Flaquer, Antonia e Maria Pasqual no cemiterio de Porreres. Picornell foi asasinada por liderar ás presas novas dentro da prisión de Can Sales.

Recoñecementos miniatura|Pedra da Lembranza adicada a Picornell. Dende o ano 2010 réndeselles unha homenaxe popular no barrio. Dende 2016 lévase a cabo no Teatro do Mar. En febreiro de 2021 unha pedra da lembranza foi colocada no paseo do barrio de El Molinar co seu nome.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos As Trece Rosas

Categoría:Fusilados Categoría:Palma Categoría:1937