TanSat, tamén coñecido como CarbonSat, é un satélite artificial da China lanzado o 21 de decembro de 2016 a bordo dun foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características TanSat é o primeiro satélite da República Popular China adicado á medición do dióxido de carbono na atmosfera. Cuns 500 kg de masa, leva dous instrumentos a bordo:

CarbonSpec, un espectrómetro de alta resolución para medir a absorción no infravermello próximo do dióxido de carbono. CAPI (Cloud and Aerosol Polarimetry Imager), para facer medicións de alta resolución de nubes e aerosoises e compensar os erros na medición do CO2.

O bus do satélite foi deseñado e desenvolvido polo Instituto de Microsistemas e Tecnoloxías da Información de Shanghai (SIMIT).

Notas

Véxase tamén Outros artigos CZ-2D

Categoría:Satélites artificiais