Khadija al-Salami (en ), nada en Saná o 11 de novembro de 1966, é a primeira directora e produtora de cinema iemení. Al-Salami reside en París, Francia. Foi nomeada e tamén gañou premios en festivais de cine como o Festival Internacional de Cinema de Dubai e o Festival de Cinema Asiático de Vesoul. O seu filme semiautobiográfico de 2014, ‘anā Najūm bint al-ʿāšara wa-muṭlaqa foi escollido como candidato do Iemen para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Traxectoria A unha idade temperá, al-Salami foi enviada a vivir con familiares despois de que a súa nai se divorciase do seu pai por severos abusos domésticos. Aos 11 anos, foi obrigada pola súa avoa a un matrimonio infantil e foi violada polo seu marido. Unhas semanas despois, o seu marido devolveuna ao seu tío, quen inmediatamente renegou dela e a devolveu á súa nai solteira. Ela escapou da inmensa presión da familia e da sociedade ao atopar emprego na televisión local e ao mesmo tempo asistindo á escola polas mañás, que era a súa única saída para atopar felicidade. Con 16 anos, recibiu unha bolsa para rematar o bacharelato nos Estados Unidos. Posteriormente, matriculouse no Mount Vernon College for Women, en Washington, D.C. Despois dun período no Iemen e París, volveu a Washington para obter o seu mestrado en comunicacións na Universidade Americana. Para a súa tese, produciu o seu primeiro filme.
Filmografía +AnoObra1991Hadramaout: Crossroads of Civilizations 1994Le pays suspendu1995Women of Islam 1997Land of Sheba 2000Yemen of a Thousand Faces2005A Stranger in Her Own City2006Amina 2013Scream2014‘anā Najūm bint al-ʿāšara wa-muṭlaqa2015La rosée du matin, con Nada al-Ahdal2016Jedenastoletnia zona, con Nada al-Ahdal
Notas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Saná Categoría:Produtores de cinema de Francia