O municipio de Alūksne (en letón, Alūksnes novads) é un dos 36 municipios de Letonia. É un municipio da fronteira nordeste de Letonia establecido en 2009 no curso da reforma administrativa territorial. A cidade de Alūksne e 15 parroquias do antigo distrito de Alūksne están unidas no condado, agás as parroquias da cidade de Apes, Gaujienas, Trapenes e Virešu, que formaron o municipio de Apes (que máis tarde no 2021 pasou a formar parte do municipio de Smiltene). Do total da poboación, o 46,3% vive en Alūksne e o 53,7% nas parroquias. Limita co municipio de Smiltene ao oeste, co municipio de Gulbene e Balvu ao sur, co distrito ruso de Pskov ao leste e co distrito de Veru en Estonia ao norte. Pilsēta un pagasti. Dobeles novada pašvaldība Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 11 de febreiro de 2022.

Xeografía O lago Alūksne é o undécimo lago máis grande de Letonia. Ningún río desemboca nel, pero é a fonte dun pequeno río: o Alūksnīte. Hai catro illas no lago. A calidade da auga do lago correspóndese coa categoría de auga dos salmónidos, aquí crían lagostinos e anguías.

Historia O Castelo de Alūksne (Marienburg) construíuse para protexerse dos ataques rusos desde Pskov. Tivo un total de oito familias propietarias diferentes, pero en 1702 as tropas rusas fixeron estoupar o castelo: unha das súas oito torres foi restaurada tan tarde como en 2020.

O único tren de vía estreita dos Bálticos que aínda ofrece tráfico regular de pasaxeiros, o Bānītis, vai desde a estación de Alūksne.

Alūksne é o lugar onde a Biblia se traduciu ao letón por primeira vez. En homenaxe á tradución, o pastor Ernst Glück plantou carballos no lugar da tradución no século XVII, carballos aínda visitables na actualidade.

Bilingüismo

No ano 2021 o proxecto ELDIA, estudo universitario sobre a diversidade lingüística en Europa, reportou ao redor de 300 falantes nativos de lingua võro en Alūksne, falantes dunha variante sureña da lingua con poucas diferenzas ao patrón xeral da lingua.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Organización territorial de Letonia

Ligazóns externas Relación: Alūksne en openstreetmap.org .

Alūksne