Adaminte Makan Abu (en ) é un filme indio de 2011 rodado en lingua malaiala e escrito, dirixido e coproducido por Salim Ahamed. Está protagonizado por Salim Kumar e Zarina Wahab, xunto con Mukesh, Kalabhavan Mani, Suraj Venjarammoodu e Nedumudi Venu nos papeis secundarios. A fotografía é obra de Madhu Ambat e a banda sonora foi composta por Ramesh Narayan e Isaac Thomas Kottukapally. A película conta a historia de Abu (Kumar) un pobre vendedor de attar (unha especie de perfume) cuxo único desexo na vida é a peregrinación do Hajj, que se esforza moito por cumprir.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 84ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes miniatura|214px|Kumar recibiu a aclamación da crítica pola súa intepretación de Abu.
Salim Kumar como Abu Zarina Wahab como Aishumma Mukesh como Ashraf Kalabhavan Mani como Johnson Thampi Antony como Usthad Suraj Venjarammoodu como Hyder Nedumudi Venu como Govindan Master T. S. Raju como Maliyekkal Assainar Haji Jaffar Idukki como fotógrafo Sasi Kalinga como Kabeer M. R. Gopakumar como Sulaiman Ambika Mohan como Nalini Nisha Sarangi como Rabiya Murali como Ameer Mohamed Mayanad como Kayiti Vinod Kovoor como Moideen Sasidharan Mattanur como Mammunji
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua malaiala Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes rodados en Thrissur Categoría:Filmes sobre o medio ambiente