O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, tamén coñecido polo acrónimo INALI, (en ) é unha axencia pública federal mexicana, creada o 13 de marzo de 2003 pola promulgación da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas pola administración de Presidente Vicente Fox Quesada.
É unha axencia descentralizada da Administración Pública Federal, adscrita á Secretaría de Educación Pública ou SEP. O seu órgano supremo é o Consello Nacional, do cal é presidente o Secretario de Educación Pública, cun Director Xeral encargado das súas actividades cotiás.
INALI traballa para promover e protexer o uso das linguas indíxenas de México, que divide en 68 "grupos lingüísticos" vivos e centos de "variedades lingüísticas". Aínda que moitos dos "grupos" foron considerados tradicionalmente como linguas únicas, o INALI recomenda que as "variedades" sexan consideradas como linguas separadas en todos os asuntos de xustiza, educación, sanidade e administración civil ou información. Unha das principais tarefas do INALI é evitar a desaparición e extinción das linguas indíxenas que sobreviviron dende tempos prehispánicos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas Catálogo completo das Linguas Indíxenas do INALI
Categoría:Bilingüismo Categoría:Linguas de México Categoría:Goberno de México