miniatura|Busto de Manuel Milà i Fontanals.

Manuel Milà i Fontanals, nado en Vilafranca del Penedès o 4 de maio de 1818 e finado na mesma vila o 16 de xullo de 1884, foi un filólogo, erudito e escritor catalán. Considérase un dos impulsores da Renaixença, mercé aos seus esforzos na restauración dos Jocs Florals (Xogos florais), e no campo ortográfico.

Traxectoria Licenciouse en Dereito nos Estudis Generals de Barcelona. Entre 1838 e 1844 estuda en París, investigando directamente sobre manuscritos a poesía provenzal. A partir de 1845, retorna a Cataluña, doutorase en Filosofía e Letras e un ano despois gaña a cátedra de Literatura na Universidade de Barcelona.

Cabe notar a súa actividade como historiador da literatura medieval catalá e a súa intervención, a fins do século XIX, nas polémicas sobre a unificación da ortografía. Propuxo, en 1861, a división dialectal do catalán en dous grandes bloques: oriental e occidental.

Obra Estudou con novas perspectivas a poesía popular catalá:

Observacions sobre la poesía popular (1853). Romancerillo Catalán (1882).

A poesía trobadoresca; De los trovadores en España (1861).

A literatura castelá antiga; De la poesia heroico-popular castellana (1874).

A literatura catalá antiga; Resenya històrica i crítica dels antics poetes catalans.

O psicoloxismo escocés; Principios de Estética (1857-1869).

As súas Obras completas, foron editadas por Marcelino Menéndez Pelayo de 1886 a 1896.

Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Lingüistas de Cataluña Categoría:Nados en Vilafranca del Penedès Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1884 Categoría:Filólogos de España