A fonte Enneacrunos (en grego ἐννεάκρουνος, a "fonte dos nove canos") era unha fonte situada na esquina sueste da ágora ateniense. Foi construída durante a segunda metade do século -VI e segundo Pausanias foi decorada por Pisístrato, tirano de Atenas. O xeógrafo engade que "hai pozos por toda a cidade, pero esta é a única fonte"Pausanias, Descrición de Grecia i.14.1. Daquela era coñecida como a fonte do sueste, e menciónaa porque era moi antiga, vestixio da ágora arcaica.

A súa identificación é un dos problemas máis debatidos da topografía ateniense. Menciónaa Heródoto nunha pasaxe relativa ao asentamento dos pelasgos ao pé do monte Himeto e á súa expulsión da Ática polos atenienses debido aos malos tratos recibidos por este pobo cara ás súas mulleres, nunha historia ademais de anacrónica, falta de historicidadeHeródoto, Historia vi.134.3. Tucídides sitúaa no val do río Iliso e chámaa manancial de CalírroeTucídides, Historia da guerra do Peloponeso ii.15.5.Kallirróē: «A fonte da fermósa corrente».. Suxeriuse que esta pode ser unha cisterna de nove fontes, e non unha fonte de nove canos. A tradición localizaba esta fonte, antigamente chamada Calírroe, e que recibiu o nome de Enneacrunos desde que foi acondicionada e canalizada en tempos dos Pisistrátidas, ao sueste da Acrópole e do Templo de Zeus Olímpico, e preto do río Iliso, nun tramo que aínda hoxe se coñece como Calírroe. Heródoto sitúaa nesta zona, fóra da cidade e en dirección ao Himeto. Pausanias sitúaa ao norte da Acrópole, na esquina sueste da ágora, preto do Odeón de Agripa e do Eleusinion, nun lugar onde os arqueólogos atoparon restos dunha fonte do século -VI. Cando describe a zona do Iliso non fai mención á Enneacrunos nin a ningunha outra fonte, o que obviamente complica o problema. Debido a esta importante contradición, apareceron moitas hipóteses e diversos intentos de localización arqueolóxica. Os investigadores, sen argumentos decisivos, inclináronse nunha ou outra dirección.

Wilhelm Dörpfeld atopou un gran depósito ao escavar ao oeste da Acrópole, entre o Areópago e a Pnyx, e colocando a Callírroe xunto á Pnyx, apoiou a teoría dunha canle, obra dos Pisistrátidas, que conectaba coas fontes do Iliso.

Cunha interpretación diferente do termo Enneacrunos, que non sería a "fonte dos nove canos", nun sistema que, partindo da Calírroe, se estendería a varios puntos da cidade, tentouse harmonizar os dous testemuños contraditoriosCf. Vanderpool, E., The Route of Pausanias in the Agora, en "Hesperia 18" (1949), pp.128-137; Gomme, A. W., Andrewes, A e Dover, K. J., A Historical Commentary on Thucydides, Oxford, 1956, pp. 53-61; Levi, D., Enneakrounos, en "Annuario della Scuola Archeologica di Atene", (1961-1962), pp.149-171.

É probábel que teñan máis peso os argumentos da tese de Tucídides sobre unha antiga prolongación da cidade "cara ao sur" e sobre a localización da fonte de Callirroe ao sueste da Acrópole. Tucídides coñecía ben o lugar e é posíbel que Pausanias estivese mal informado respecto diso, e que no seu tempo non se utilizase a antiga fonte reformada polos PisistrátidasCf. Thompson, H. A., The Athenian Agora: A Short Guide, Excavations of the Athenian Agora Picture Books, nº 16, (1983), p. 13.. Outros, porén, sitúana no lugar dado por Pausanias, ao sueste da ágora. Notas

Véxase tamén Outros artigos Ágora de Atenas Categoría:Ágora de Atenas