Thevar Magan (en ) é un filme indio de 1992 rodado en lingua támil e dirixido por Bharathan, escrito e producido por Kamal Haasan. Está protagonizado por Sivaji Ganesan, Haasan, Revathi, Gautami e Nassar, xunto con Kallapart Natarajan, Kaka Radhakrishnan, Sangili Murugan e Vadivelu nos papeis secundarios. A historia trata sobre o fillo dun cacique de aldea respectado que quere abrir un negocio pero o seu pai quere que axude aos veciños.

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 65ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes

Sivaji Ganesan como Periyasamy Thevar Kamal Haasan como Sakthivel Thevar Revathi como Panchavarnam Gautami como Bhanumathi Nassar como Mayan Thevar Kaka Radhakrishnan como Chinnasamy Thevar Vadivelu como Isakki Kallapart Natarajan como Paramasivam Sangili Murugan como Subbiah Thalaivaasal Vijay como Muthuvel Thevar S. N. Lakshmi como Kannatha Gandhimathi como Maragatham Renuka como Lakshmi Madhan Bob como avogado Kesavan Ajay Rathnam como S. Maruthupandi Neelima Rani como Meena

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes da India propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 65ª edición dos Óscar Bibliografía

Categoría:Filmes de 1992 Categoría:Filmes en lingua támil Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Bharathan Categoría:Filmes rodados en Tamil Nadu Categoría:Filmes rodados en Ooty