Tomoe Gozen (, )Gozen non era un nome, senón un título honorífico polo xeral outorgado ás mulleres. Porén, en ocasións tamén se lle outorgaba aos homes. foi unha onna-bugeisha (muller guerreira) do período Heian tardío da historia do Xapón. Serviu ao señor Minamoto no Yoshinaka durante a Guerra Genpei e participou no conflito que levou ao primeiro shogunato.

A súa historia, relatada en Heike Monogatari («O conto de Heike»), influíu a varias xeracións de samurais. Tomoe é acotío homenaxeada en libros, música, poesía, cinema, novela histórica, e na cultura en xeral.

Guerra Genpei miniatura|«Tomoe Gozen asasina Uchida Ieyoshi na Batalla de Awazu no Hara (1184)», gravado de Ishikawa Toyonobu (c. 1750) Baixo o liderado de Yoshinaka, dirixiu 300 samurais contra 2.000 guerreiros Taira, un clan rival, durante a guerra. Despois de derrotar o clan Taira en 1182 e conducilos ás provincias occidentais, Yoshinaka tomou Kyoto e aspirou a ser o dirixente do clan Minamoto. Incitaron ao seu curmán Yoritomo para esmagalo, e enviou os seus irmáns Yoshitsune e Noriyori para matar a Yoshinaka.

Yoshinaka enfrontouse ás tropas de Yoritomo na Batalla de Awazu o 21 de febreiro de 1184, onde Tomoe Gozen obtivo polo menos unha cabeza inimiga. Malia que as tropas de Yoshinaka loitaron con valor, foron superadas en número e derrotadas. Ao Yoshinaka ser vencido, con só uns poucos dos seus soldados en pé, díxolle a Tomoe Gozen que fuxise porque quería morrer co seu irmán adoptivo Imai Kanehira e sería avergoñado se morrer cunha muller.

Hai diversos rexistros posteriores. Na Batalla de Awazu en 1184 decapitou o samurai Honda no Morishige de Musashi. Tamén se soubo que matou a Uchida Ieyoshi e que escapou de ser capturada por Hatakeyama Shigetada. Despois de Tomoe Gozen decapitar o líder do clan Musashi, presentoulle a cabeza deste ao seu señor, Yoshinaka.

Notas

Categoría:Samurai Categoría:Finados en 1247 Categoría:Historia do Xapón