Marta G. Franco, é unha xornalista e activista.
Traxectoria Defínese como habitante da internet desde 1999. Pasou por Indymedia, varios hackmeetings e hacklabs en centros sociais okupados e un intento de rede social libre chamada Lorea/N-1. Participou activamente no 15M. Coordinou a sección de tecnoloxía da periódico Diagonal. E foi mediadora no centro de cultura dixital Medialab-Prado.
Durante o goberno municipal de Manuela Carmena, encargouse das redes sociais do Concello de Madrid, e da comunicación política.
Co seu labor de activista e profesional trata de que Internet siga sendo un lugar habitable e traballa con organizacións sociais, case sempre co colectivo de investigación e estratexia dixital Laintersección. Para ela é importante a memoria histórica colectiva sobre Internet: que foi froito de financiamento público, da comunidade científica, do activismo de base e da colaboración de miles de persoas en moitos lugares. E esixir aos gobernos que invistan en infraestruturas dixitais públicas e software libre.
En 2024 publicou o libro Las redes son nuestras, onde describe o proceso que transformou o axitado microuniverso instalado na internet nun mero elo máis da paisaxe capitalista.
Obra
Las redes son nuestras (Consonni, 2024)
Notas
Categoría:Feministas de España
Categoría:Nados en ano descoñecido
Categoría:Personalidades sen imaxes