Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.Membros da Rel Academia Galega. Correspondentes

Traxectoria Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.

Casada co escritor Xesús Rábade, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade.

Traballou en fotografía, tendo participado en varias exposicións.

Obra

Poesía Alalás, 1972, edición da autora. Rosalía no espello, 1985, Patronato Rosalía de Castro. Festa do corpo, 1994, Deputación da Coruña. Album de fotos, 1999, Espiral Maior. Nas hedras da clepsidra, 1999, Ediciós do Castro. Pálpebra azul, 2003, PEN Clube de Galicia. Remontar o río, 2014. Poesía mínima./Minimal Poetry, 2018, Alvarellos Editora De rosa antiga. 50 anos de poesía (1972-2022) (2022). Vigo: Galaxia. 154 páxs. ISBN 978-84-9151-922-5.

Literatura infanto-xuvenil O día que choveu de noite, 1985, Galaxia. Traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. Viaxe a Illa Redonda, 1987, Galaxia. Vermiño, 1988, Galaxia. Traducida ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao aranés. A cidade de Aldara, 1989, Casals. Ero e o capitán Creonte, 1989, S. M. Patapau, 1989, Ir Indo. A canción do rei, 1992, Galaxia. Don Merlo con chaqueta, 1993, Xerais. Contos do paxaro azul, 1994, Sotelo Blanco. Novos contos para nenos, 1994, Citania. A voda do papá, 1994, Obradoiro. A campá da lúa, 1999, Xerais. O avó de Pipa, 2000, Bruño. Traducida ao castelán. Belidadona, 2003, Edelvives. Na praia dos lagartos, 2004, Ediciós do Castro. Raúl, 2005, Galaxia. Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Biografía para nenas e nenos. O souto do anano, 2007, Obradoiro-Santillana. Un rato na casa, 2008, Galaxia. O caderno de Edua, 2010, Xestión Literaria Galega. Reeditada por Sushi Books en 2015. Traducida ao éuscaro. As señoras cousas, 2014, Galaxia. Contos do Sol e da Lúa, 2017, Alvarellos. Fina a pirata (2019). Galaxia. 40 páxs. ISBN 978-84-9151-354-4. A fuga de Guillermo (2021). Galaxia. 72 páxs. ISBN 978-84-9151-610-1. Alba (2021). Vigo: Galaxia. 40 páxs. ISBN 978-84-9151-635-4. Ilustracións Abi Castillo.

Narrativa O enterro da galiña de Domitila Rois, 1991, Galaxia. A tarde das maletas, 1992, Contos do Castromil.

Ensaio Os equipos de normalización lingüística nos centros de ensino, 1993, Xunta de Galicia. Delas, 1999, Toxosoutos. Paseos literarios, 2001, Xunta de Galicia. Feminino plural, 2003, El Correo Gallego. O sabor da terra, 2005, Galaxia.

Obras colectivas Obras con Xesús Rábade Paredes Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Patronato Rosalía de Castro. Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos. Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Patronato Rosalía de Castro. Para nenos. Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 na Biblioteca 114. Narrativa. O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía. No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía. Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Ediciós do Castro. Tradución. Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil. Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos. Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe. Reeditado en 2004. Poesía. Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia. Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa. Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe. Dona e Don, 2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil. Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe. Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008, Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.

Outras obras colectivas (escolma) 300px|miniatura|Villar Janeiro, Marta Dacosta, Rosa Enríquez e Yolanda Castaño no congreso Nós tamén navegar. 40 anos de poesía galega, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía. Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo. 8 contos, 1989, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil. Contos eróticos / Elas, 1990, Xerais. Narrativa. Contos de hogano, 1992, El Correo Gallego. Narrativa. Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Ediciós do Castro. Narrativa. Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato. Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro. Poesía. E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil. Ninguén está só, 2001, Tris Tram. Narrativa. A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía. Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia. Ensaio. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía. Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Poesía. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía. Palabra por Palabra. Contos da Policía, 2003, Ir Indo. Narrativa. 23 poetas cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía. Catro contos para unha data, 2004, Xunta de Galicia. Narrativa. Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, 2004, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil. Postais do Camiño, 2004, Galaxia. Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela. Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega. Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia. Poesía. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil. Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Poesía. Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía. Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. Colaboración fotográfica. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía. Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo. Poesía. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía. Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía. De Cantares Hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Poesía. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Coedición con Suso Díaz. ISBN 978-84-15086-51-2 Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Poesía. O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Evolucións". En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).

Premios Premio Patronato Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno. Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes Morrer en Vilaquinte. Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes No aló de nós. Premio Manuel Antonio no 1981, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes O sangue na paisaxe. IV Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1991, por Nas hedras da clepsidra. Premio Modesto R. Figueiredo no 1991, por O cadro. Accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés no 1994, por Festa do corpo. Premio Arume de literatura infantil outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas no 2003, por Na praia dos lagartos. Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés, en conxunto con Xesús Rábade Paredes. Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2016.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega. Blog da autora Perfil en As escollas electivas Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1940 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón