Annie Christmas é un personaxe do folclore de Luisiana (Estados Unidos de América), descrito como unha muller afroamericana duns 2 m de altura e de forza sobrenatural, capitá dun barco no río. Foi descrita como a contraparte feminina de John Henry, outro personaxe afroamericano do folclore da zona con características similares. Crese que ambos poderían estar baseados en persoas reais. As historias de Annie Chrismas foron incluídas en varias coleccións de relatos do sur dos Estados Unidos.
No seu libro The Gangs of New Orleans ("As Bandas de Nova Orleáns"), Herbert Asbury expón que Annie Christmas era orixinalmente unha muller de Nova Orleáns branca, unha heroína do folclore «que se converteu nunha semideusa entre a poboación negra», a cal a describiu como un ser de raza negra. Asbury engade:
Os contos relatan como desafiaba as xerarquías de xénero tradicionais e as normas e expectativas do comportamento feminino. Bebía cantidades exorbitadas de alcol e impoñíase aos homes que desafiaban a súa autoridade. Levaba un colar de perlas, unha por cada vez que derrotara alguén que se atrevera a retala. Sendo solteira, tiña doce fillos que tripulaban o seu barco. Morreu ao ser atacada por 100 homes que lle dispararon e a acoitelaron.
Unha das personaxes da novelas 1993: Free Enterprise: A Novel of Mary Ellen Pleasant, da xamaicana Michelle Cliff, chámase Annie Christmas, probabelmente inspirada no folclore.
Andrew Lloyd Webber e Jim Steinman escribiron unha canción sobre Annie Christmas para o musical Whistle Down the Wind (1996).
Notas
Categoría:Mitoloxía de América do Norte Categoría:Nova Orleáns